Luís Seoane

Páginas: 2 (419 palabras) Publicado: 16 de octubre de 2011
Luís Seoane López naceu en 1910 en Bos Aires no seo dunha familia de emigrantes galegos. Cando neno, veu coa familia a Galiza e estableceuse na Coruña. Tras cursar o Bacharelato, estudou Dereito enCompostela, licenciándose en 1932. Procedente do colectivo estudantil Federación Universitaria Escolar, Seoane ingresou nas fileiras do galeguismo primeiro como secretario en 1931 da AgrupaciónNazonalista e no ano seguinte como militante da Unión Socialista Galega. Con Arturo Cuadrado, fundou Resol, colaborou con artigos e deseños en diferentes publicacións, realizou as ilustracións dos primeirospoemarios de Álvaro Cunqueiro e comezou a pintar ao óleo. Xa instalado no Colexio de Avogados, deseñou o cartaz da Frente Popular, da que formaría parte o Partido Galeguista, a favor do Estatuto doAutonomía.
Uns meses despois da escalada fascista, o multifacetado artista exiliouse a Bos Aires, mais non abandonou o seu fondo compromiso coa realidade do país (no mesmo ano 1936 publica baixopseudónimo artigos sobre o terror fascista), converténdose axiña nun dos alicerces do movemento cultural galego da capital arxentina. Así, creou, con X. Núñez Bua, o semanario Galicia Libre (1937),comezou a colaborar como ilustrador na editorial Losada e, un ano despois, situouse á frente da revista Galicia. Fundou varias coleccións ("Hórreo" e "Dorna", "Pomba" e "Camino de Santiago") e promoveuvarias editoriais. Deu á luz a revista Galicia Emigrante (1954-1959), que el mesmo dirixiría, transformada tempo despois nun programa radiofónico. Así mesmo, editou e expuxo con éxito internacionalunha produción pictórica moi diversa: gravuras, litografía, deseños, óleos, murais, cerámicas, etc. Porén, tamén encontrou oco para o cultivo da literatura, que iniciou en 1952 coa publicación dopoemario Fardel de eisilado. Á súa primeira obra poética seguirán Na brétema, Sant-Iago (1956), Cicatrices (1959) e A maior abondamento (1972). Con Lorenzo Varela e Emilio Pita, Seoane é un dos primeiros...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Luís seoane lópez
  • Biografia de Luis Seoane y analicis de una de sus obras.
  • Luis
  • Luis
  • Luis
  • Luis
  • Luis
  • Luis

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS