MADE IN GALIZA
Título
Made in Galiza
Xénero
Narrativa curta
Editorial
Editorial Galaxia
Número de páxinas
154 páxinas
Ano e lugar de edición
2007 na feira do libro de Vigo
Premios outorgados
O premio Ánxel Casal no 2007 a mellor libro do ano. Elexido como mellor libro publicado en Curdo no 2010 (Traducido pola editorial Avesta).
2.INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR
Xosé Luís GonzálezSende, mais coñecido como Sechu Sende, é un escritor galego que naceu en Padrón en 1972. Licenciouse en Filoloxía Galego-portuguesa, e como sociolingüista foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Lingua e Comunicación. Os seus comezos como poeta remóntanse á súa vinculación ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras deCal, no que publica o seu primeiro libro aló polo 1998. Cinco anos máis tarde recolle o seu primeiro galardón, o Premio Blanco Amor pola súa novela titulada Orixe. O seu libro de relatos Made in Galiza recibiu o Premio Ánxel Casal ao mellor libro do ano, outorgado pola Asociación de Editores Galegos e foi traducido ao curdo e ao turco pola editorial Avesta, e ao euskera pola Txalaparta.
No ano 2010publicou o libro Animais, no que denuncia o progreso mal entendido desde a ironía e o humor. Un ano despois publicou O caçador de bruxas, no que a temática principal é a liberdade de expresión. A súa última obra é “Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas”, unha aventura autobiográfica no Curdistán norte (Turquía).
Traballou en postos relacionados coa publicidade social e normalizaciónlingüística do galego e na actualidade é profesor de lingua e literatura.
3.ESTRUTURA DO LIBRO
O libro está formado por 42 relatos breves, algúns de menos de unha folla, hai algún que simplemente é unha frase e outros de dúas ou tres follas. Estes relatos non parecen ter unha organización, nin sequera pola temática que se vai alternando. O que si podemos destacar é que o primeiro relato é de un neno queaínda non empezou a falar e non sabe en que lingua facelo, porque escoita dúas no seu entorno, unha que lle falan a el e a que falan os seus familiares e o último relato é unha carta de amor de un rapaz que xa pasou a adolescencia cara o Galego. Isto simboliza a continuación do galego, algo que non debe acabar, xa que o último relato non cerra nada, deixa todo aberto e quizais ese rapaz do final sexao neno do principio, que á súa idade non se arrepinte de achegarse ao galego.
4.TEMAS XENÉRICOS DA OBRA
Sociolingüística: Este é o tema fundamental da obra, na maioría dos relatos. A defensa do galego, aínda que nas maioría dos casos non fai referencia explícita ao galego mais ao estar o libro escrito en galego sábese que a lingua que defende e esa. En algúns casos promociona o seu uso, o seuprestixio, rasgos gramaticais como é o caso do nh fronte ao ñ que considera unha letra do castelán. Nesta obra tamén aparecen todos os prexuízos que hai contra o idioma por exemplo o de asociar unha lingua aos diferentes partidos políticos ou á radicalización, aparece tamén a baixa transmisión que hai de pais a fillos, a asociación do idioma galego co rural, a castelanización das zonas urbanas e amala concepción do galego entre os xóvenes . O autor pese a tratar todos estes temas en ningún momento menciona a política. Refírese a Galicia como un país, e para denominalo utiliza a forma que é mais arcaica e igualmente válida, Galiza. Nos relatos tamén aparece a concepción de que o galego serve para todo, por exemplo, que poden existir xoguetes en Galego, xa que este, ao igual que todos osidiomas, satisface as nosas necesidades de fala. Finalmente en algúns relatos tamén aparece o galego como algo que non é tóxico, que non é algo co que hai que ter coidado por exemplo no relato de como aprender galego, no do galego como un prospecto de medicamento ou incluso no da lingua que era moi difícil falar, o que quere dicirnos con iso e que non temos que ter medo a falar o galego.
O sentido...
Regístrate para leer el documento completo.