Magosto E Samaín

Páginas: 9 (2197 palabras) Publicado: 2 de noviembre de 2012
No outono non soño
que vivo esperto
tirándolle bicos
as nubes do ceo.

No outono paseo
deiquí para alá
e no monte como
érbedos e mazás.

No outono observo
con moita atención
as cores pintadas
da vexetación.

Da gusto miralas
e velas caer
con moito coidado
para non romper.
O magosto na literatura popular galega

[editar]Léxico
A palabra magosto designa tamén a propia fogueirana que se asan as castañas ou o conxunto de castañas que se asan e comen nesta ocasión. Vocabulario derivado son magostar, co significado de asar castañas nun souto para comelas en grupo; e magosteiro, cada un dos participantes nesta comida.
[editar]Refráns
As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
Con castañas asadas esardiñas salgadas non hai ruín viño.
Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
Polo san Martiño, castañas e viño.
Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucascastañas e nabos furados.
[editar]Cantigas
Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas.
Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ no hai ruín viño.
Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto,/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran ó chamosco.
[editar]Locucións
Estralar como unha castaña: facer alguén algototalmente inesperado.
Facer un bo magosto: facer un bo negocio, obter un bo beneficio.
Sacar un as castañas do lume con man allea: utilizar a alguén, inadvertidamente, para solucionar un problema.
[editar]O magosto na literatura de autor

Francisco Añón Paz: "O magosto"
Xesús Ferro Couselo (1967): O Magosto do Señor San Martiño
Florentino Cuevillas: "O outono en Galicia", en Prosas galegas,Galaxia, Vigo 1982:
Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver como se murchan os follatos das cepas. Vide a Galicia no mes de San Martiño, se queredes ver fumega-los lumes dos magostos.
...
Ásanse as castañas na fogueira, as pobres castañas que caeron desde a boca pasmona dos ourizos, para morreren no lume coma se fosen bruxas endiañadas; as pobres castañas tan vergoñentas easisadas, que astra que están mortas no se deixan tirar do corpo a derradeira das súas túnicas. Agardan os mozos e as mozas, namentres arde o lume, e rin e falan e cantan; e unha cántiga vai dereita a un corazón, outra cae ós tombos polo monte embaixo, e outra aínda queda presa nos pinchos dun toxo.
...
Morreron as castañas queimadas no lume, a bota está xa sen folgos e o garrafón non pesa; mais aíndaderredor da cinza da fogueira sen lume estoupan as risas nas gorxas novas. Dirédesme que os follatos murchos das viñas son sinal de morte que o inverno trae consigo. Dirédesme que o magosto é o final do froito dos castiñeiros; e teredes razón, mais teredes que confesar que as viñas trocadas en xardín son ben belidas, e que as castañas se queiman entre risas e entre amores. Porque na nosa terra,astra a morte ten engado. E se non o credes, vinde ver a Galicia no mes de San Martiño. (Florentino Cuevillas)
A palabra magosto, ademais doutros significados directamente relacionados, designa unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. Aprovéitase tamén para probar o primeiro viño novo.
O magosto realizábase tradicionalmente o 1ºde novembro, día de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as castañas, atrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos elaborados nas matanzas do porco...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • o samain
  • magosto
  • Magosto

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS