Manual De Cantareiras
O baile e a música sempre formaron parte dunha terapia liberadora de tensións (pola dureza das labores do campo, a sociedade…)
Nas festas, romarías e seráns participaban tódolos veciños, do contrario sabían que quedarían marxinados. Durante séculos foi nestas xuntanzas onde se comezaban a relacionar os mozos e as mozas.
Calquera momento era doadopara que alguén collese un instrumento e comezase a tocar e cantar, ou incluso bailar.
A reprodución da nosa tradición oral depende tanto da capacidade memorística do executante como do seu interese por modificar o canto, atendendo a súa creatividade. Así, a transmisión oral da nosa tradición opera a través de tres factores:
➢ Continuidade: A constante evolución dos cantares queliga o pasado e o presente.
➢ Variación: Xurde das achegas individuais.
➢ Selección: A comunidade, tendo en conta as modas de cada momento, declina qué tipo de peza prefire adoitar.
MUIÑEIRA
A muiñeira e a peza máis coñecida do repertorio tradicional galego.
O longo da xeografía galega atopamos diferentes variantes. Algunhas das denominacións máis estendidas paraestas son:
- Muiñeira vella: Rápida , de metro musical binario e de carácter arcaico. O toque é empuñado con acentuación fortes na pandeireta acompañando dos movementos do baile.
- Muiñeira nova: Procedente da música culta mantén o metro musical binario con subdivisión ternaria de muiñeira vella. O toque adoita ser coa man aberta e unha acentuación moderada na pandeireta.
-Carballesa: Orixinaria do Carballiño, aínda que tamén atopámola nas Terras de Melide. Podería ser tomada como unha variante da muiñeira vella, con fortes acentuacións nos toques.
- Muiñeira redonda: Denominada así por Casto Sanpedro, como o propio nome indica é bailada en roda.
XOTA
A xota é unha peza que chegou a Galicia dende terras castelás, e estendeuse polo territoriogalego no século XIX.
Tal e como ocorre coa muiñeira, o longo da xeografía galega atopamos diferentes variantes:
- Zapateado: Tamén denominado Pateado, recibe seu nome pola forma en que son marcados os puntos e as acentuacións dos movementos no baile. Este tipo de peza é orixinario de Santiago de Compostela.
- Maneo: Orixinaria de Bergantiños, o seu trazo diferencial vén determinadopolo xeito de tocala pandeireta no punto (co tempo sincopado).
- Fandango: De orixes musulmáns, é similar ó Pateado polo ritmo e os movementos marcados, é unha das modalidades menos estendidas polo territorio galego.
AGARRADOS
No século XIX implántase en toda Europa a moda dos bailes Agarrados. A Igrexa vía neles unha chamada á inmoralidade, polo achegamento das parellas. Pese atodo, ó longo do século foise consolidando a súa implantación, sufrindo incluso unha adaptación os propios usos.
Ó mesmo tempo foron adaptados ós instrumentos tradicionais, en parte pola introdución de novos instrumentos (acordeón, clarinete, saxo, violín…) e novas formacións (murgas, charangas….)
Diferenciaremos en dous grupos os bailes Agarrados:
➢ Bailes Importados- Valse: Orixinario de Austria e o sur de Alemaña. Tamén é denominado Xota Agarrada.
- Polka: Orixinaria de Bohemia.
- Mazurca: Tamén denominada Corrido, Dous Pasos, Tres Pasos, Chiqui-Chiqui, etc.
- Pasodobre: De orixe popular, nalgúns sitios da zona de Pontevedra o toque da pandeireta coincide co da muiñeira.
➢ Bailes Adaptados
-Careao: Localizado en varios municipios raianos con Asturias.
- Esparabán: Documentado no Incio.
- Muiñeira Corrida: Peza singular pola mestura de toque de muiñeira cun toque abaneado marcando os compases.
- Charrasquillo: Documentado en Tordoia, é unha peza con ritmo de valse.
DANZAS GUERREIRAS
Estas danzas estendéranse por gran parte de Europa,...
Regístrate para leer el documento completo.