Manuel lugris freire

Páginas: 2 (475 palabras) Publicado: 26 de octubre de 2009
LETRAS GALEGAS

MANUEL LUGRÍS FREIRE

TRABALLO DE GALEGO : BIOGRAFIA
 
Manuel Lugrís Freire naceu en Sada en 1863 e con vinte anos emigrou a Cuba. Na Habana foi elixidomembro da xunta directiva do Centro Galego e fundou e dirixiu o primeiro xornal americano redixido totalmente en galego: A gaita gallega 1885-1889. Alí publicou o seu primeiro poemario (Soidades, 1894),prologado por Curros Enríquez, e escribiu a súa primeira obra dramática: A costureira da aldea. De volta á Galiza en 1896, instalouse na Coruña e proseguiu o cultivo da literatura, editando en 1901Noitebras.

Relacionado cos rexionalistas herculinos, Lugrís tomou parte en todas as actividades galeguistas da altura. Así, foi o primeiro en utilizar nun mitin a lingua galega e figurou entre ospatrocinadores da Escola Rexional de Declamación 1903, da que sería presidente. Desde este momento, a maior preocupación de Lugrís foi a de fornecer de textos á nova entidade, todos eles cunha forte cargareivindicativa e rompedores co costumismo imperante. Tras a presentación da Escola cunha peza de Salinas, a totalidade dos espectáculos realizados polo cadro contaron con títulos da súa autoría: APonte 1903, Minia 1904 e Mareiras 1904. Alén de figurar como o primeiro escritor teatral en utilizar a prosa, é o máximo representante do teatro social ou de tese.

Porén, Lugrís deixaríadefinitivamente o teatro e retomaría a creación poética. Tamén asinou (co pseudónimo Asieumedre) numerosos relatos breves que serían compilados en 1909 no volume Contos de Asieumedre e aínda publicaría unhaGramática do idioma galego 1922.

En 1923 ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso sobre Pondal. A Real Academia nomeouno presidente en 1934, posto ao que renunciaría un ano máis tarde porproblemas de saúde. Nesa década, colaborou, así mesmo, na redacción do anteproxecto do Estatuto de Autonomía.

Tras o conflito bélico, que provocou a persecución da actividade galeguista, Manuel...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • freire-
  • freire
  • Freire
  • Freire
  • Freire
  • Freire
  • freire
  • freire

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS