maribel

Páginas: 55 (13594 palabras) Publicado: 8 de junio de 2013
DOG Núm. 53

Venres, 15 de marzo de 2013

Páx. 7891

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para
a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos
que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria,
de educaciónsecundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica
2/2006, do 3 de maio, de educación.
O Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado
en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de 2º ciclo
de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de ba‑
charelato, reguladas na Lei orgánica2/2006, do 3 de maio, de educación, entre outros as‑
pectos, establece os principios xerais aos que se debe axustar o proceso, co fin de garantir
o dereito á educación, á liberdade de elección de centro, ao acceso a unha praza escolar,
á gratuidade do ensino obrigatorio, á conciliación da vida familiar e laboral e á equilibrada
escolarización do alumnado con necesidades específicas de apoioeducativo.
O novo decreto determina a necesidade do seu desenvolvemento mediante orde, obri‑
ga que se viu reforzada polas exixencias derivadas da sentenza da Sala do Contencio‑
so‑Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia número 1477/2010, do 22
de decembro, pola que se declarou a nulidade do artigo 19.2 e a inaplicación aos centros
privados concertados de determinados artigos daderrogada Orde do 17 de marzo de 2007,

CVE-DOG: 5qolf405-f6e7-yct0-l7p5-a8lsye1ipzo1

que regulaba o procedemento de admisión no mesmo ámbito de ensino que a presente.
En uso da autorización normativa contida no Decreto 254/2012, do 13 de decembro,
esta consellería desenvolve mediante a presente orde o procedemento de admisión do
alumnado en centros docentes sustentados con fondospúblicos, tratando de dotalo das
máximas garantías, dada a importancia e transcendencia social dos intereses implicados,
e a necesidade de resolver dunha forma máis conveniente as situacións concretas nas que
a demanda de prazas escolares é superior á oferta.
A orde consta dun total de corenta e sete artigos estruturados en sete capítulos, dúas
disposicións adicionais, dúas transitorias e dúasderradeiras. O capítulo I refírese a ma‑
terias comúns como a delimitación e publicación das áreas de influencia, a adscrición de
centros docentes, a determinación de postos escolares vacantes e a ratio de alumnado por
unidade escolar, así como a protección de datos de carácter persoal.

ISSN1130-9229

Depósito legal C.494-1998

http://www.xunta.es/diario-oficial-galicia

DOG Núm. 53Venres, 15 de marzo de 2013

Páx. 7892

O capítulo II está destinado a regular a garantía de permanencia no centro, a prioridade
do alumnado procedente de centro ou centros adscritos e a reserva de praza nos centros
adscritos.
O capítulo III aborda a información ás/aos administradas/os, os requisitos das solici‑
tudes, os prazos e o seu cómputo, a documentación que pode ser necesarioachegar, a
definición dos distintos criterios susceptibles de baremo e a forma de acreditalos. Com‑
pletan o resto do capítulo as listaxes provisionais e definitivas de persoas admitidas e non
admitidas, as reclamacións e recursos e o procedemento contraditorio previo á declaración
de perda do dereito de prioridade.
Os capítulos IV e V refírense aos supostos de adxudicación subsidiaria de postosesco‑
lares, cando o alumnado non resulte admitido no centro que indicou como primeira opción
e a adxudicación de postos escolares reservados a alumnado con necesidades especificas
de apoio educativo.
Finalmente, completan o contido da orde o capítulo VI sobre o procedemento de ma‑
trícula e o capítulo VII relativo a supostos extraordinarios de admisión, en casos de esco‑
larización por...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • quimica maribel
  • Trabajo Maribel
  • aborto maribel
  • Maribel y luis
  • maribel
  • maribel
  • Maribel
  • maribel

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS