Marxismo

Páginas: 3 (663 palabras) Publicado: 21 de abril de 2012
MARX

A idea hegeliana de que a realidade é dinámica e cambiante, chea de contradicións que nos obrigan a transformarnos e superala, era compartida por Marx.
Non obstante, influído poloshegelianos de esquerda, non entendía que este dinamismo fose froito do desenvolvemento da conciencia, senón como produto das forzas e das relacións materiais. Así afástase de Hegel e do seu idealismoconvencido do materialismo.

Este materialismo supuxo que é a realidade material a que produce a súa propia ideoloxía. O particular sistema de produción dunha comunidade condiciona a cultura, a relixión,os costumes e a moral desta comunidade.
O que constrúe a realidade e determina a historia son as condicións concretas, sociais e económicas, que marcan a forma de pensar dun pobo.
A infraestruturadunha comunidade (forzas e relacións de produción) determina a superestrutura (cultura, ideas...).

Marx é hegeliano ó tempo que antihegeliano. Hegeliano porque comparte a concepción do devirhistórico como un proceso dialéctico que ten como motor as contradicións e oposición internas. Antihegeliano porque ve neste proceso a oposición e a superación de diferentes sistemas de produción de bensmateriais.
Así, o marxismo coñécese como materialismo dialéctico: a materia (economía) fai avanzar a historia nun proceso de superación.

Un sistema económico concreto (tese), debido ás incoherenciasinternas, xera o seu propio oposto (antítese). Do enfrontamento xorde unha nova situación económica e social (síntese). E así a síntese volve a xerar todo o proceso de tese, antítese e síntese.

Estaconcepción da historia, o materialismo histórico, convértese nun método de análise da realidade social con pretensións de cientificidade.
Aplicándoo ó capitalismo (tese), as relacións de explotacióne opresión entre propietarios e proletariado provocan a negación e superación do sistema: os obreiros rebélanse e instauran a ditadura do proletariado (antítese). Xorde unha nova situación...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Marxismo
  • Marxismo
  • marxismo
  • el marxismo
  • Marxismos
  • MARXISMO
  • Marxismo
  • Marxismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS