master
Enténdese por aprendizaxe cooperativo, aquel que organiza determinados procesos cognitivos, tanto dentro como fora da aula, para provocar un éxito no ámbito da ensinanzaaprendizaxe. É dicir, trátase da implementación do aprendizaxe para superar determinadas “lagoas” xeradas coa aplicación exclusiva de técnicas tradicionais de aprendizaxe grupal, interesadas máis por verresultados que por rendementos, por responsabilidades grupais máis que individuais e pola creación de grupos homoxéneos máis que heteroxéneos.
Este tipo de aprendizaxe ten como obxectivo esencialimplementar a través de diversas actuacións, aos alumnos de cinco elementos básicos: interdependencia positiva, interacción cara a cara, responsabilidade individual, habilidades sociais e o procesamentogrupal autónomo.
O traballo cooperativo é un vehículo eficaz para compensar as desigualdades en educación.
Estas desigualdades prodúcense debido a causas moi variadas, como podemos ver no seguinteesquema:
Como observamos no cadro anterior, a categorización social, é dicir, a imaxe que temos dos demais e de nós mesmos lévanos a percibir ás persoas en grupos sociais o que xera a visióndo mundo en dous submundos: o exogrupo e o endogrupo. Pero esta visión tamén nos fai percibir aos grupos minoritarios, o favoritismo endogrupal a identidade social ou a autoestima.
Todo isto lévanosa xerar prexuízos e estereotipos sobre o endogrupo e o exogrupo. Podemos definir cada un deles como:
Estereotipo: crenzas compartidas polos individuos que forman parte dun grupo ou sociedadereferidas ás características ou rasgos e a súa correspondente avaliación sobre un grupo e os seus membros. Os estereotipos son esquemas cognitivos (sobre grupos) con forte influencia no procesamento dainformación social; conxunto de crenzas respecto ao exogrupo e os seus membros.
Prexuízo: actitude negativa inxustificada, non baseada na experiencia, cara a un individuo ou membros dun grupo baseada...
Regístrate para leer el documento completo.