Maxiatraturas
Páginas: 6 (1308 palabras)
Publicado: 18 de noviembre de 2012
En todas as épocas nas cales o poder se concentra de xeito unilateral en Roma se ve que o Senado actúa como asesor deste pode. Non obstante, na República Romana pódese ver que o poder se divide en tres facultades: A potestas, a auctoritas e a maiestas. No Senado encóntrase o poder da auctoritas, é dicir, o prestixio polo saber socialmente recoñecido e ademais é oúnico órgano de carácter permanente. Por iso podemos dicir que o Senado é o centro da Republica Romana.O senado non podía ostentar as tres facultades pois o gran temor dos romanos era a concentración do poder e para iso existe o que denominamos as maxistraturas romanas ou Cursus Honorum Superior. É neste órgano onde se centra a potestas, é dicir, a capacidade de "mandar". A última autoridade encóntraseno pobo romano. Hai uns requisitos para poder entrar ao Cursus Honorum:
-Ter 27 anos cumpridos
-Ser cidadán romano
-Ter cumprido o Servizo Militar
-Non ter sufrido condena ningunha
-Non ter ningunha Nota Censoria
Sobre este último requisito hai que facer referencia ao concepto de Nota Censoria. Esta nota é feita polo Censor, trata dunha lista dos que violaron a moralidade e os boscostumes. Era o suficientemente grave para o prestixio social como para xa non poder ser representante público. Se non se estaba nesta lista,se podía presentar como candidato para o Cursus Honorum, o cal non garante que se vaia elixir senón que dá a posibilidade de selo.
Ser un maxistrado, ten certas características as cales son:
-Son anuais
-Son irremovibles
-Son colexiados
-Son incompatibles conoutros cargos, como senador.
-Son elixidos
-Son irresponsables durante o seu servizo
-Non poden ser reelixidos para o período inmediato deben pasar antes de presentarse para outro cargo.
Sabendo as características que teñen en común podemos a pasar a diferenciar entre unha maxistratura. Existen de dous tipos: as maxistraturas ordinarias e as extraordinarias. Nas ordinarias, que son as quese cinguen ás características anteriores debe seguirse unha orde de ascendencia. Non se pode pasar á maxistratura de maior rango sen cumprir as anteriores a aquela.
Maxistraturas Ordinarias
Cuestor: Son os administradores dos fondos públicos. Existían de 4 tipos: cuestor civil, cuestor militar, cuestor da mariña, cuestor itálico. Os primeiros cuestores tiveron facultades similares dos xuíces,pero esa característica desaparece. Son designados polos Comicios Tribunados. Chegaron a ser oito en total.
Edil: Eran os "alcaldes de Roma". Son os encargados da planificación urbana, das festas, os xogos, da repartición do trigo público, a limpeza pública. Máis tarde asumiron funcións policiais, morais, mercados, prezos, calidade entre outras funcións. Son designados polos Comicios Tribunados.Existen dous tipos. O Edil Curul, que era patricio e tiña rango senatorial, e o Edil Plebeo, que non contaba con tal rango e era parte da plebe.
Pretor: Do latín Praetor, hoxe asumiría o equivalente do xuíz do Dereito Anglosaxón. Créanse polo simple feito de que o cónsul non se encontraba a miúdo en Roma para administrar xustiza, posto que se encontraba nas guerras. Entón créase o cargo dePretor Urbano que se encargaba dos asuntos entre cidadáns romanos. Máis tarde, creásese o cargo de Pretor Peregrino para os asuntos entre romanos e non-romanos. Tamén crea o cargo de Pretor Provincial para os asuntos das provincias romanas e que tamén asumían ás veces mando militar e de goberno cando existían varias operacións á vez. Todos os pretores eran designados polos Comicios Centuriados echegaron a ser oito. Baixo Sila instáurase de que os pretores poden pasar a unha provincia co cargo de propretores La característica do pretor era a facultade de publicar de edictos que son a base do sistema de xustiza romano e, por ende, tiñan forza de lei. Non obstante esta característica pérdese no Imperio baixo o goberno deAdriano, pois un xurisconsulto chamado Salvius Julianius reúne toda a...
Leer documento completo
Regístrate para leer el documento completo.