Mellorando a redacción
Cando queremos escribir textos claros e que se entendan facilmente, debemos empregar a orde lóxica dos elementos na oración.
En galego, a orde lóxica dos elementos é:suxeito - verbo - complementos.
De todos os xeitos, hai casos en que a orde lóxica pode alterarse para destacar algún elemento. Non é o mesmo dicir Manuel é moi estudoso ca É moi estudoso Manuel. Noprimeiro caso destacamos a persoa, Manuel, que é moi estudoso; no segundo caso estamos destacando o feito de que esa persoa sexa moi estudosa.
Nos nosos escritos debemos coidar a expresión utilizandoun léxico amplo e preciso e empregando correctamente as conxuncións que serven para relacionar as oracións.
Un erro moi común á hora de redactar é botar man das palabras comodín, isto é, daquelestermos cun significado moi amplo que se poden empregar para moitos usos. Son palabras comodín os substantivos cousa, chisme, asunto etc., ou os verbos haber, facer, dar, dicir, botar, ter, poñer etc.Exercicio:
- Os veciños fixeron unha festa para conmemorar o aniversario.
- Ten moita admiración por esa tera.
- Eu facíaa moito máis vella do que é.
- Fixo ovos con patacas para os nenos.
-Picasso facía cadros cubistas.
- As matemáticas fánseme difíciles de entender.
- Fixo unha infracción que lle custou unha multa.
- As maceiras este ano teñen moito froito.
- A comezos de xuñohaberá eleccións.
– Están facendo un pavillón máis grande para o instituto.
– Tivo tres erros graves no exame de conducir e non o aprobaron.
– Un microondas é un chisme que serve para quentar e facercousas.
– Hoxe botan na tele unha reportaxe sobre o meu barrio.
– Mañá hai unha festa de benvida para os que están de intercambio no colexio.
– Botárono do grupo de música por non querer tocar abatería.
Outra das carencias máis comúns das redaccións refírese ao uso das conxuncións.
É moi habitual abusar da conxunción copulativa e para enlazar ideas, así como de porque.
Estas son...
Regístrate para leer el documento completo.