Memoria fin de curso
MEMORIA DO DEPARTAMENTO DE GALEGO
|Xefa de departamento |materias |
|María J. Fernández da Costa |Linguaxe administrativa, avanzado |
|Membros do departamento|materias |
|Luísa Mª Dopico Rey |Básico, intermedio, avanzado, Celga |
CUMPRIMENTO DA PROGRAMACIÓN E DOS OBXECTIVOS FIXADOS
O alumnado de galego, como na maioría dos outros idiomas é variado, mais, por exemplo, a diferenza co inglés, nós case non temos ningúnalumno/a menor de idade, pois as súas necesidades comunicativas en lingua galega están cubertas polo ensino secundario e aínda non teñen outro tipo de motivación (laboral, de currículo, etc.). Os estudantes da nosa lingua son maioritariamente funcionarios/as da administración, mestres de educación primaria e secundaria... que precisan mellorar o seu galego a nivel escrito e oral, mais que taménbuscan a puntuación que dá un diploma da EOI para o seu currículo. É dicir, o noso departamento é o único que non dá unha “lingua estranxeira” no sentido estrito, e os nosos alumnos e alumnas xa “falan” galego, isto é, xa teñen competencia comunicativa. O número de alumnado que provén de fóra e que descoñece o idioma é anecdótico. Este feito condiciona o desenvolvemento da programación e, por suposto,o tipo de actividades realizadas.
A nosa programación está baseada no Decreto 191/2007,do 20 de setembro que estabelece a ordenación das ensinanzas de idiomas de réxime especial e os currículos dos niveis básico e intermedio e no Real Decreto 1523/1989 que estabelece os contidos do Ciclo Superior para a materia de Lingua Galega nas E.O.I. Para a súa elaboración foi mester ter enconta que as E.O.I. son centros destinados ao ensino das linguas modernas, sen ningunha escolla previa do alumnado, o que implica unha acentuada diversidade no referente á súa procedencia, idade, formación e coñecementos, tanto xerais coma específicos da lingua obxecto de estudo. Así, pódese atopar nun mesmo grupo alumnado de ensino medio, superior, técnicos/as , administrativos/as, persoas queexercen profesións liberais e outras que teñen como única titulación o certificado de estudos primarios. O grao de coñecemento da lingua é tamén moi variado, o que fai necesario prestar unha especial atención á metodoloxía.
Cómpre ter tamén en conta a diferenza de idades entre o alumnado, o que comporta, como consecuencia directa, un público de intereses comunicativos moi variados, quefai extremadamente difícil a homoxeneidade dos grupos por centros de interese, esixindo do profesorado un esforzo suplementario verbo de calquera outro centro de ensino, onde o alumnado ten características semellantes tanto en coñecementos coma en idade e intereses. Porén, e mesmo tendo en conta a diversidade de intereses do alumnado, é necesario estabelecer unha serie de obxectivos xerais básicos,isto é, metas mínimas que terán que ser acadadas globalmente por todos os/as alumnos/as que constitúen os grupos e cursos durante os dous ciclos de aprendizaxe.
É importante salientar a idea de que a heteroxeneidade do alumnado non se debe saldar cunha minimización práctica dos obxectivos nin co predominio dunha orientación determinada en detrimento doutras, senón con flexibilidade porparte de todos/as, aproveitando o que hai de positivo entre a colectividade.
Neste ano lectivo 2009/10, mesmo tendo en conta a súa complexidade acadáronse todos os obxectivos fixados ao inicio do curso e cumpriuse a totalidade da programación en maior ou menor medida.
Realizáronse dous cursos de Linguaxe Administrativa de nivel superior, dentro do acordo con Política...
Regístrate para leer el documento completo.