Memorias Dun Neno Labrego
Balbino é un neno pequeno e pobre fillo duns caseiros. O protagonista vive nunha aldea e a diario érguese cedo para traballar arreo. Ao principio da novela, Pachín (o seu can) é o único amigoata que sofre a súa perda e despois coñece a Lelo. Ademais, Balbino é un neno moi intelixente e espabilado ao cal lle gustaba ir á escola e aprender ata que Eladia, a súa maestra da que estabanamorado, se foi. Dende aquel día Balbino non volveu á escola. No libro Memorias dun neno labrego Balbino conta as duras experiencias da súa vida. Nas súas memorias reflexa a miseria e o traballo á queestaba sometido, o marxinados que estaban os nenos da vida dos adultos, a desigualdade entre señores e caseiros, a crueldade do amo e o malcriados que estaban os fillos dos ricos, a importancia darelixión na época e o sometida que estaba a xente, o loito, a emigración, a morte...
Balbino é un neno máis e moi consciente do mundo no que vive. Gústalle moito pensar e reflexionar sobre o que o rodea.É un rapaz que se ilusiona moi pronto e se conforma con pouco (por exemplo cando atopa a caixiña no rebusque) e sofre moito cando seu irmán emigra a América e éste se olvida de escribirlle. Balbino eun neno como moitos da Galicia tradicional, medorento, con ganas de ser maior, sofre pola morte do seu padriño que lle explicaba tantas cousas como o que era a amizade, dóelle perder ao seu únicoamigo, Lelo, que tamén emigra a América máis él acórdase de escribirlle.
Nos últimos capítulos das memorias, Balbino, farto de que Manolito se ría del un día bátelle cunha pedra na fronte e bota acorrer. Despois disto Balbino escapa á casa da súa tía. Ao día seguinte Balbino vai con seu pai á casa do señor e éste dalle unha corda ao pai de Balbino para que lle peguecon ela. Balbino desmaiase eesperta no seu cuarto. O rapaz decide marchar da casa e procura a súa irmá, vai servir a outra casa onde coñece a Flora, unha muller de vinte anos que lle atrae e onde queda ao servizo dun amo que o...
Regístrate para leer el documento completo.