Merlin e familia
A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa chega ao lector a través do relato dunha testemuña directa, o paxe Felipe de Amancia, que lembra os tempos nos que traballou como criado do mago. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián; pola casa de Merlín pasan numerosos e curiosos personaxes na procura deconsello, mais tamén se narran as aventuras de Felipe cando vai facer os encargos do seu amo.
Un universo único na literatura xorde nas fascinantes e engaioladoras historias que conta esta novela, que desde o momento da súa publicación en 1955 supuxo un fito no tocante á renovación da narrativa galega. En Cunqueiro, a arte do narrador, adobiada dun fino nesgo humorístico, sorprende pola capacidadepara facer convivir o mito co mundo cotiá.
Galván en Saor
A historia desenvólvese paralelamente na Galiza actual e na Bretaña artúrica. Galván chega a Saor despois de abandoar a busqueda do Grial que lle encomendara o seu tío, o rei Artur. Alí vai ver a Merlín que co tempo vai perdendo os poderes. Durante a súa estadía na taberna adoitaba saír na moto, mais cando o facía vivía aventuras propiasda Bretaña artúrica. Nunha destas saídas atópase cun anano preso por un cabaleiro verdoso ao que libera e que lle conduce ata o castelo de Mirez onde viven el e Silvania que teñen asediado os seis irmáns do cabaleiro verde que matou Galván. Cando tras moitas aventuras despediuse de Silvania volveu para a taberna de Inés e Masito onde o veu buscar un amigo co que foi a Bretaña a última batalla doRei Artur contra o seu fillo Mordrez, onde o seu sino era morrer.
O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de amor, de aventuras e de tenrura,homenaxe ós antigos mesteres da narrativa cabaleiresca e medieval que o autor tan ben coñece, traductor de Dante 'A divina comedia' e de Petrarca 'Cancioneiro' entre outros textos. A palabra na súa medida xusta, o idioma en todo o seu frescor e galanura, a imaxe lírica ben medida para que non apague a historia senón que a potencie e enleve. Estas son as artes e as sabedurías de Darío Xohán Cabana.Galván en Saor, é un libro que nos conta as fazañas dun cabaleiro e sobriño do Rei Artur, da Bretaña.
Este cabaleiro chega ata Galicia, concretamente a Demonte, onde se hospeda na taberna de Inés, a anfitrioa de Galván durante a súa estadía nas nosas terras.
A partir de aquí comezan unha serie de transformacións tanto no espazo como no tempo, pois o protagonista, cando sae polas mañas databerna na súa moto, vive grandes aventuras propias dun cabaleiro medieval co seu respectivo cabalo na vila de Saor, afrontandose a poderosos adversarios.
Estas batallas céntranse no Castelo de Mírez, no que reside unha dama chamada Silvania, que en realidade é unha tarberneira de Saor,e que está sitiado por sete irmáns que pretenden conquistalo.
Rematadas esas aventuras, Galván recorre Galicia naprocura do Santo Graal nestas terras.
Un día, un home entrou na taberna de Inés, e Galván voltou con el a Gran Bretaña, como estaba previsto, para loitar xunto con Artur, e nesa batalla cae mortalmente ferido, pero a historia non remata aí.
POR QUE O RECOMENDO?
Recomendo este libro porque creo que é interesante e entretido, ó recrear as aventuras dun cabaleiro medieval, pero sobre todoporque situa a búsqueda do Santo Graal, o mesmo que aparece na Materia de Bretaña, en Galicia.
n su voluntad de juego con diversas fuentes y en su erudición presenta similitudes con el catalán Juan Perucho.
Cunqueiro se desempeñó como periodista, poeta y narrador. Su primer libro narrativo fue Las crónicas del Sochantre, novela enmarcada en la Bretaña del siglo XVIII en la que cuenta diversos...
Regístrate para leer el documento completo.