metodoloxia da educacion

Páginas: 8 (1808 palabras) Publicado: 15 de noviembre de 2013

|
























1. ORIENTACIÓNS PARA A ELABORACIÓN DO TRABALLO GRUPAL

Para este traballo formaranse grupos de 5 ou 6 persoas, e a calificación correspondente a este traballo será idéntica para cada un/ha das/os compoñentes do equipo.
Este traballo suporá un 10% da avaliación final da materia e deberá ser entregado no prazo indicado polas profesoras.Para evitar dificultades na maquetación, o alumnado utilizará o presente documento co seu formato actual e traballará sobre el para o desenvolvemento do traballo grupal. Unha vez terminado (respectando os prazos especificados polas profesoras), subirase o documento final ao Campus Virtual e entregarase unha copia impresa ás profesoras. Esta impresión será a dobre cara e poderá ser en branco e negro.2. DESCRICIÓN DO TRABALLO GRUPAL

O traballo en grupo consiste na (ficticia) presentación do grupo a unha convocatoria de subvencións para proxectos de investigación. Para isto, o grupo deberá ler coidadosamente a convocatoria, decidir que membro do equipo será a/o investigador/a principal (a persona que dirixiría a investigación se se chegase a implementar) e deberá preparar toda adocumentación que se solicita para optar á dita subvención.



CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN LEVADOS A CABO POR GRUPOS DE ESTUDANTES UNIVERSITARIAS/OS EN MATERIA DE EDUCACIÓN
As profesoras da materia Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais e da Educación fan pública a convocatoria ficticia (nin se repartirán cartos de verdade nin se implementarán os proxectos deinvestigación) de axudas para proxectos de investigación levados a cabo por grupos de estudantes de dita materia na temática de educación.
A presente convocatoria ten por obxecto que o alumnado poña en práctica as competencias adquiridas en canto ao deseño de proxectos de investigación e que, ademáis, se familiarice cos trámites e procesos que habitualmente preceden ao desenvolvemento dunhainvestigación.
Para isto, prantéxase unha simulación de convocatoria de axudas a proxectos de investigación á que deberán presentar a súa solicitude todos os grupos de traballo da materia, sendo este o traballo en grupo, de carácter obrigatorio, que equivalerá ao 10% do total da nota final de cada alumna/o.
Finalidade das axudas
As axudas teñen por obxecto a implementación de proxectos de investigaciónen áreas educativas de interese, que se levarán a cabo entre o día 1 de xaneiro de 2014 e o día 31 de decembro do mesmo ano.
Estas axudas están dirixidas a grupos de estudantes universitarias/os con coñecementos de metodoloxía da investigación en ciencias sociais e da educación.
Requisitos das/os solicitantes e presentación de solicitudes
A estas axudas so poderán optar grupos compostos por unmáximo de 6 persoas e onde todas elas cumpran o seguinte requisito:
1. Estar matriculadas no curso 2013/2014 na materia de Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais e da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.
As solicitudes se presentarán segundo o modelo normalizado que se adxunta no anexo I, xunto coa seguinte documentación:
a) Relación dos membros do grupo deinvestigación.
b) Curriculum vitae da/o investigador/a principal e de cada unha das persoas integrantes do equipo investigador.
c) Orzamento total e desglosado dos gastos estimados para a implementación do proxecto de investigación.
d) Memoria explicativa do proxecto de investigación para o que se solicita a axuda (anexo II).
e) Outra documentación que se considere de interese para a valoración dasolicitude.
Prazos e datas de interese
Todas as reunións e entregas que se especifican a continuación terán lugar no despacho de becarias/os do Departamento de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación (módulo A, segunda pranta, á dereita das escaleiras, con entrada polo pasillo) coas profesoras.
As profesoras realizarán titorías específicas para resolver dúbidas sobre o desenvolvemento e...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Teoría da la educación
  • Como Se Da La Educacion Espontanea En La Epoca Prehispanica
  • Educacion Temprana
  • Metodoloxia. Cuestionario.
  • da
  • DA
  • DA
  • Da O

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS