metooloxia e planificacion desenvolvemeto local
1. OBXECTIVOS DO DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO LOCAL
Obxectivos principais do desenvolvemento local
Os obxectivos principais do desenvolvemento económico local son a mellora do emprego e da calidade de vida da poboación, así como a mellora da equidade social da
comunidade. Debemos mover todas as pezas na mesma dirección.Obxectivos do desenvolvemento local
a) Transformación do sistema produtivo local, incrementando a súa eficiencia e competitividade. Definir ámbitos de especialización e promover a competitividade.
b) Fomento da diversificación produtiva local e incremento do valor agregado nas actividades económicas locais. Capacidade para absorber choques, o sistema produtivo debe ser capaz de abrirse anovos sectores.
c) Sostenibilidade ambiental das actividades locais. Porque isto da capacidade de crecemento e adpatación.
Obxectivos operativos: construción do entorno local
A) Acceso ós servizos avanzados de apoio á produción para as PEMEs locais. Acceso á servizos de intelixencia competitiva, de deseño, de I+D, de tecnoloxía avanzada, etc. Son servizos especializados, baseados nocoñecemento.
B) Mellora da calidade das infraestruturas básicas. A medida que a dotación de infraestruturas aumenta da lugar ao aumento da productividade.
C) Funcionamento eficiente dos mercados de produtos e factores. Tanto o mercado de inputs como o mercado laboral deben ter requisitos de calidade, en economías con desenvolvemento baixo.
D) Promoción de aptitudes empresariais innovadoras. Adotación de infraestruturas de liñas de axuda, equipamentos humanos que permitan adaptar e crear novas tecnoloxías.
E) Fomento da cooperación entre empresas. Deben cooperar en políticas de I+D, para formar a man de obra, de centros comerciais que lles fagan falta, etc.
F) Emprego sostible dos recursos naturais e valorización da potencialidade produtiva do medio ambiente local. Formación econservación do patrimonio.
2. RECURSOS ENDÓXENOS PARA O DESENVOLVEMENTO LOCAL
O papel dos recursos endóxenos
Todo territorio dispón dunha serie de recursos, a súa disposición (como se despregan) é so a condición necesaria. Todo territorio ten recursos materiais e inmateriais. Eses recursos constitúen o potencial desenvolvemento endóxeno.O recurso máis relevante son os RR. HH.
O despreguedestes recursos de xeito eficiente e sostible social e ambientalmente é a condición necesaria.
Son aspectos esenciais do potencial de desenvolvemento do territorio: a estrutura produtiva local, o mercado de traballo local, a capacidade empresarial e tecnolóxica, os recursos naturais, os sistema de crédito local (é capaz de absorber o financiamento), a estrutura social e política e o patrimoniohistórico, a cultura e a identidade local (necesitamos a identidade para construír en común).
Recursos físicos
Recursos físicos dados: situacións xeográfica (acceso ao mercado e aos servizos), clima, orografía, recursos naturais, características ambientais, etc. Por exemplo: o silencio do Sahara.
Recursos físicos creados: volume e calidade das infraestruturas básicas (capital social fixo). Acalidade é un cumprimento das espectativas do cliente, cumprimento das promesas que fan as empresas:
Constitúen elementos esenciais para a eficiencia produtiva e a competitividade das actividades locais.
Facilitan o aproveitamento dos recursos endóxenos e fan máis atractivo o territorio para a localización de empresas.
Son unha condición necesaria, pero non suficiente para creardesenvolvemento.
Os concellos teñen a maior parte das competencias neste eido, non obstante, dado o custo de moitas infraestruturas requiren do apoio financeiro de instancias superiores.
Tipoloxía de infraestruturas básicas
Económicas ou técnicas:
Transportes e comunicacións: ferrocarril, transporte aéreo.
Telecomunicacións: banda ancha.
Abastecemento de auga e enerxía.
Saneamento,...
Regístrate para leer el documento completo.