Mito de la Caverna

Páginas: 27 (6531 palabras) Publicado: 30 de noviembre de 2014
O IDEALISMO DUALISTA DE PLATÓN
(traducido e adaptado do texto de CIDEAD de R. López Isern e J. Arroyo Pomeda)

1. CONTEXTUALIZACIÓN DA FILOSOFÍA PLATÓNICA
1.1.

Marco histórico

Platón vive no terzo final o século V a.d. C., ao que se coñece como século de Pericles ou Idade
de Ouro de Atenas, que coincide co fin das ch ama das Guerras Médicas contra o Imperio
persa e a posteriorhexemonía política e cultural de Atenas. Atenas foi a polis ou cidade-estado
que elaborou o primeiro modelo político de democracia, un dos legados históricos máis
decisivos para Occidente. A democracia como forma de goberno baséase na isonomía ou
igualdade ante a lei dos cidadáns atenienses. Non obstante trátase dunha democracia moi
restritiva, posto que dos aproximados 400.000 habitantes de Atenas,só unha décima parte son
cidadáns con plenos dereitos políticos.
Platón coñece o período de decadencia da democracia ateniense, tralas Guerras do Peloponeso,
nas que se enfrontaron as dúas concepcións políticas predominantes (democráticas e
aristocráticas) e que culminou coa derrota de Atenas por Esparta. A vencedora, Esparta imporá a
Atenas o goberno dos Trinta Tiranos.
Platón tiña por entónvinte e catro anos, e era de familia nobre, oposta á democracia. Varios
membros da súa familia (os seus curmáns Cármides e Critias) formaban parte do goberno dos
Trinta Tiranos. Foi convidado a colaborar nas tarefas políticas, non obstante, o terror e a
arbitrariedade imposta fixéronlle desistir e apartárono do novo réxime.
As violencias e arbitrariedades dos Trinta Tiranos fixéronse prontointolerables, xa que
confiscaban os bens dos atenienses máis ricos, reprimían cruelmente calquera oposición
política e eliminaban a calquera home culto que criticase o s seus procedementos. Un influínte
grupo de exiliados atenienses do partido democrático, refuxiados en Tebas e liderados por
Trasíbulo, uníronse para liberar á súa cidade dos Trinta Tiranos, aos que, coa axuda d o
pobo,derrotaron e expulsaron restablecendo o antigo goberno democrático.
Non obstante, o rexeitamento que Platón tiña cara á democracia fíxose aínda máis forte cando
a mesma democracia, liberada do poder espartano, condenou inxustamente a morte ao seu
amigo e mestre Sócrates. De novo volvían entrar en contradición os seus ideais políticos de
racionalidade e xustiza cos acontecementos da súa época.Desilusionado unha e outra vez,
Platón acabou por renunciar á política e decidiu dedicarse exclusivamente á filosofía. Será unha
filosofía movida pola busca da verdade nos temas humanos e presidida pola idea suprema da
xustiza individual e social, como afirma na Carta VII, o documento autobiográfico máis
ilustrativo da súa traxectoria intelectual.
A data da condena e morte de Sócrates marca realmenteo comezo da obra de Platón, que se
limita ao principio a recoller e expoñer o pensamento de Sócrates, aínda que posteriormente
investigará os seus propios temas e desenvolvementos teóricos. Os denominados diálogos de
transición marcan precisamente a evolución da fidelidade ás ensinanzas socráticas á busca de
novos camiños filosóficos.
1.2. Aspectos biográficos
Aristocles -chamado máis tardePlatón- polo ancho dos seus ombros, naceu en Atenas no 427
a.C. A súa familia pertencía á aristocracia ateniense. Estudou cos mellores mestres da época. É
posible que Platón recibise en Atenas as leccións de Cratilo, seguidor de Heráclito. Inicialmente
orientou os seus intereses cara á poesía e, sobre todo, a política. No ano 407, cando ten vinte
anos, prodúcese o acontecemento fundamental dasúa vida: coñece a Sócrates, a quen
permanecerá ligado intensamente ata a morte do mestre. Son os a n os máis axitados na vida
política de Atenas. No ano 404 a. de C., Esparta impón en Atenas o goberno oligárquico dos

Historia da Filosofía: O idealismo dualista de Platón

1

Trinta Tiranos, entre os que figuraban dous parentes de Platón, Cármides e Critias. Máis
tarde a democracia...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El Mito De La Caverna
  • mito de la caverna
  • El Mito De La Caverna
  • Mitos De La Caverna
  • El mito de la caverna
  • EL MITO DE LA CAVERNA
  • Mito de la caverna
  • El Mito En La Caverna

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS