Moderados vs progresistas

Páginas: 5 (1170 palabras) Publicado: 8 de diciembre de 2011
Moderados vs Progresistas
Á morte de Fernando VII en 1833 herdou o trono a súa filla, Isabel II, de tres anos de idade. A súa nai, Mª Cristina de Borbón, asumiu a rexencia. Ante a oposición dos absolutistas partidarios de Carlos Mª Isidro, irmán de Fernando, que declararon a primeira guerra carlista, a Raíña Gobernadora viuse empurrada a apoiarse nos liberais para asegurar o trono á súa filla.1. Introducción: Durante este período produciuse o paso definitivo do Antigo Réxime a un novo Estado liberal burgués.
Todos os liberais eran partidarios dunha monarquía constitucional pero estaban divididos dende o Trienio Liberal en dúas tendencias, que remataron converténdose en partidos políticos ao longo do reinado de Isabel II: moderados e progresistas.

· Os moderados defendían unliberalismo doutrinario, partidario da soberanía compartida entre as Cortes e a Coroa, que gozaba, de amplos poderes (como o dereito de veto, nomear ministros e poder disolver as Cortes). Defensores da orde e da propiedade, que identificaban con intelixencia e capacidade, eran partidarios do sufraxio censitario e de limitar os dereitos individuais, especialmente os colectivos. Defendían a Igrexacatólica e preferían unha organización centralista do Estado. Socialmente eran un grupo heteroxéneo formado por terratenentes, alta burguesía, vella nobreza, alto clero e altos mandos do exército.
· Os progresistas defendían a soberanía nacional e a limitación das atribucións da Coroa. Querían un sufraxio censitario máis amplo e maiores liberdades e dereitos, tanto individuais coma colectivos. Eranpartidarios da descentralización estatal e da Milicia Nacional. A súa base social era tamén heteroxénea: a pequena e mediana burguesía e en xeral, as clases medias, profesionais liberais, artesáns e empregados urbanos e militares de baixa graduación.
Ambos os dous partidos estiveron encabezados por espadóns, que eran xenerais do exército que adquiriron protagonismo político debido á ameaza carlista ese converteron en únicos garantes do trono de Isabel II e árbitros da situación política. Nestes anos o máis importante foi o xeneral progresista Espartero. Moderados e progresistas alternáronse no poder, recorrendo a continuos pronunciamentos dun ou outro signo.
2.- A rexencia de Mª Cristina (1833-1840): O primeiro goberno da rexencia, presidido por Cea Bermúdez, respondía ao modelo doDespotismo Ilustrado, partidario de facer reformas administrativas, non políticas, as máis importantes das cales foi a división provincial, levada a cabo por Javier de Burgos, ministro de Fomento.

Pero o estalido da guerra carlista e a necesidade de ampliar os apoios sociais de Isabel II, forzaron a un pacto cos liberais moderados. En 1834 Martínez de la Rosa, un vello doceañista recén chegado doexilio, foi nomeado xefe do goberno. Entre as súas medidas destacan unha ampla amnistía para os liberais e a disolución da xurisdición gremial, que favoreceu a liberdade de fabricación e comercio. Pero a máis importante de todas foi o Estatuto Real, en 1834, unha Carta Outorgada que concedía certos dereitos e liberdades políticas pero sen recoñecer o principio de soberanía nacional. Establecía unhasCortes bicamerais, formadas por un Estamento de Próceres, formado por altos cargos eclesiásticos, nobres e grandes propietarios nomeados pola Coroa con carácter vitalicio e un Estamento de Procuradores, elixidos por sufraxio censitario (o 0,15% dos cidadáns). As Cortes só tiñan funcións consultivas e votaban os impostos, pero a iniciativa lexislativa quedaba en mans da Coroa.

Pronto se fixoevidente que estas reformas eran insuficientes, xa que marxinaban á inmensa maioría da sociedade. O malestar social manifestouse no verán de 1834: desatouse unha epidemia de cólera morbo e correu o rumor en Madrid de que os frades envelenaran as augas, polo que as clases populares asaltaron os conventos, asasinando frades, nunha primeira ondada de violencia anticlerical que se estendeu a outras...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • decada moderada, bienio progresista
  • Decada moderada y Bienio Progresista
  • Progreso vs educacion
  • La Ciencia Vs El Progresa
  • Presente progresivo vs presente perfecto
  • Oposición moderados-progresistas
  • EL MEDIO AMBIENTE VS PROGRESO DE SANTA MARTA D
  • Tradicion Vs Progreso

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS