molitio von persio
Infancia
Ramón Piñeiro López naceu no seo dunha familia labrega da parroquia de Armea, concello
de Láncara (Lugo), en maio de 1915. Tivo outros sete irmáns, dos que tres morreron sendo
nenos. Era fillo de Vicenta López Fernández e de Salvador Piñeiro García, quen sempre
demostrou unha preocupación pola cultura e pola educación dos seus pequenos superior á
habitual naquelaépoca entre a xente humilde. Isto, e a incipiente curiosidade e intelixencia
de Ramón, explica que xa antes de chegar, con seis anos, á escola, o neno soubese ler,
escribir e resolver algunhas operacións matemáticas. Se a escola non supuxo dificultades
intelectuais para Ramón Piñeiro, adiantado con respecto aos seus compañeiros grazas á
axuda familiar, si que lle causou un forte impacto aofacerlle percibir en toda a súa crueza a
diglosia
presente
na
sociedade.
Entre 1924 e 1928, Ramón Piñeiro cursou en Lugo o Bacharelato Elemental. Neses anos
descubriu a literatura; tamén a literatura na súa lingua, que lle chegou da man dunha
antoloxía de poetas nosos. Quedou impresionado ao decatarse de que o idioma de
campesiños que a escola desprezaba era tan apto coma o castelán para assutilezas da
poesía.
Descubrimento
do
galeguismo
A precaria situación económica da familia impediu inicialmente que Ramón Piñeiro puidese
continuar os seus estudos, polo que este regresou á casa para dedicarse aos labores do
campo. Mais, aconsellada polo fillo do secretario do concello de Láncara, a familia resolveu
enviar a Ramón a Sarria, onde levaría a contabilidade do comercio dun amigo dopai. Alí
tivo Piñeiro os seus primeiros contactos co galeguismo. Subscribiuse ao diario El Pueblo
Gallego, onde escribían artigos na lingua de Rosalía destacados intelectuais, como Ramón
Otero Pedrayo. Ademais, cando en 1931 se proclamou a II República, o galeguista Lois
Peña Novo foi falar á vila nun mitin que acabou de espertar as simpatías do mozo de Armea
polo
movemento
que
o
oradordefendía.
A finais daquel ano, Ramón Piñeiro volveu a Lugo para cursar o bacharelato superior
axudándose da circunstancia de que unha súa irmá tiña traballo e casa naquela cidade. Alí
medrou o seu sentimento galeguista, polo que fundou, canda os seus compañeiros de
instituto, a Mocidade Galeguista de Lugo, da que foi secretario de cultura. A súa
intelixencia e a súa entrega á causalevárono a relacionarse cos líderes do Partido Galeguista
(PG) e a recibir deles importantes encargos, a pesar de ser aínda moi novo. A súa
traxectoria culminaría coa súa elección como secretario do Comité Provincial do partido, o
que o levou a implicarse fondamente na campaña a prol do Estatuto de autonomía.
A
guerra
Cando, o 18 de xullo daquel mesmo ano, se produciu o levantamento militar contrao
goberno, Ramón Piñeiro participou como representante do PG na comisión asesora do
gobernador civil en defensa da República. Dende o momento en que os sublevados tomaron
o control da situación, o mozo de Láncara estivo en perigo. En diversas ocasións tivo que
esquivar, só ou coa axuda de compañeiros de estudos ou amigos da familia afectos aos
rebeldes, a detención e a morte. Finalmente,cando chamaron a súa quinta, incorporouse a
filas, pois servir no exército dos sublevados semellaba a única opción de protexer a súa
vida.
Axiña descubriu que tampouco no exército estaba a salvo das denuncias e que, aos perigos
normais da guerra, debía sumar os que derivaban da súa filiación política durante os tempos
da República. Á súa insegura situación persoal uniu tamén Piñeiro a angustiaque lle
produciu comprobar como, a medida que se prolongaba o conflito bélico, as persoas que o
rodeaban se ían insensibilizando e endurecendo. Agoniado ante a posibilidade de rematar
coma elas, caeu na depresión. Desta experiencia xurdiu, unha vez superada a enfermidade, o
seu interese pola filosofía, na que Piñeiro buscou a resposta á actitude deshumanizada que
vira xeneralizarse ao seu...
Regístrate para leer el documento completo.