Morning Star

Páginas: 6 (1345 palabras) Publicado: 27 de mayo de 2012
Xosé Miranda Morning Star • Nota biobibliográfica:

Xosé Miranda naceu en Lugo no ano 1955. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Compostela, en 1978. Na actualidade exerce como profesor de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xoán Montes de Lugo. Comezou escribindo prosa, relatos e novelas para adultos, pero tamén escribe contos e relatos curtos para nenos. É un bo especialista da literaturaoral, e xunto con outros autores coma A. Reigosa e X. R. Cuba escribiu unha serie chamada Contos Marabillosos e un Diccionario dos seres míticos galegos. En 1988 acadou o premio de relatos breves Modesto Figueiredo co relato Na terra sombría. Xa en 1990 conseguiu outro premio, o de Manuel García Barros por Historia dun paraugas azul. Finalmente acadou en 1990 o premio Xerais con esta mesma novela,Morning Star. • Resumo: Morning Star é unha novela de aventuras na que un rapaz chamado Lourenzo Tasende comeza á idade de trece anos unha serie de aventuras entre bandoleiros e roubos que o levarán a pasar os peores momentos da súa vida. Lourenzo vivía cos seus pais nunha disputa cerca de Pontevedra, traballaba alí, e a súa vida era tranquila e boa. Un día chegou á taberna un home chamado LázaroRivadulla, e con el viñeron todos os problemas. A súa nai enferma e morre, mentres que o seu pai vólvese unir a unha gavela de bandoleiros á que pertencera anos atrás. Pouco a pouco vaise involucrando en roubos da gavela ata que nun deles decide fuxir e salvar a unha rapaza da que se namora, Helena Rouco. Os dous encamíñanse cara Lugo, onde Helena ten familia. Nese viaxe Lázaro persígueos sendescanso, ata chega a matar ó pai de Lourenzo por encubrilos. Camiño de Santiago atópanse con Campanachoca, un vello cego que se ofrece a acompañalos xunto coa súa muller, a Pindonga. Unha vez Helena a salvo en Lugo, os tres regresan cara Pontevedra, e entón alíanse coa gavela de Tomás das Congostras. Lourenzo amósalles onde se atopa o tesouro que Lázaro escondera e diríxense todos a conseguilo.Entón a gavela de Lázaro atácaos e apresan a Lourenzo e a Tomás. Finalmente consegue escapar e gracias a Helena chega a coñecer ós seus avós. Lázaro morre a mans de Tomás nunha forte loita, pero desafortunadamente a Garda Civil chega e os mete na cadea. Case morto conseguen liberalo e a historia remata cun resumo da vida posterior de todos os personaxes, e Helena e Lourenzo vanse a vivir xuntos ádisputa poñéndolle o nome de Morning Star. • Comentario literario: 1

O título desta novela fai referencia ó barco de Benito Soto (último pirata de occidente) quen abordou o Morning Star, no que levaba o tesouro polo que Lázaro Rivadulla e Tomás das Congostras enfróntanse na novela. O luceiro da alba, a súa tradución do inglés, será a unión entre Lourenzo e Helena, xa que cada vez que o mirabanrecordábanse un ó outro cando tiñan que separarse. Pertence ó xénero de aventuras, e o espazo no que transcorre a novela é en Galicia; máis concretamente na zona de Pontevedra (Beluso, Marín, Bueu,...) aínda que tamén se nomea brevemente a Santiago e Lugo. En canto ó tempo, máis ou menos encádrase no século XIX. Isto pode deducirse por un feito moi importante que aconteceu en Galicia, as sublevaciónsque se produciron en Pontevedra e Compostela nese século. O tempo total que transcorre na novela é aproximadamente de un ou dous anos, xa que a veces describen un día ou unhas horas con moito detalle mentres que poden pasar semanas tan só descritas nun par de parágrafos. Está contada en primeira persoa polo propio Lourenzo Tasende xa de adulto, isto pode comprobarse lendo calquera liña da novela,como por exemplo e collida o azar a seguinte: Fiquei indeciso. Sabía que me ían matar se me entregaba, pero non era iso o que me preocupaba, aínda que algún de vós poida non crelo. O libro componse de oito partes con varios capítulos cada unha, e ó remate da novela aparece un apéndice titulado Vida e morte afrontosa de Lourenzo Tasende no que o autor explica a procedencia orixinal de cada...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Morning Star
  • Morning Star
  • Morning star
  • Star
  • Star
  • Star
  • Star
  • star

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS