Morning Star

Páginas: 8 (1978 palabras) Publicado: 27 de diciembre de 2012
Morning Star é unha novela de aventuras escrita por Xosé Miranda e publicada en 1998 que acadou nese mesmo ano o Premio Xerais de Novela.
A historia que se desenvolve nesta obra mestura personaxes reais con outros de ficción partindo dun coñecido cantar de cego titulado A vida e morte afrontosa de Tasende e que narraba a historia dun famoso bandoleiro galego do século XIX.
Lourenzo Tasende é unrapaz duns catorce anos que vive cos seus pais nunha taberna cerca de Pontevedra, aillado case por completo da sociedade, sen saber ler e tendo que atender o negocio familiar. Un día chega á súa casa para quedar Lázaro Rivadulla, antigo amigo de seu pai que lle descobre parte do seu pasado, e dende entón a súa vida cambia por completo; a nai ponse enferma e morre, e tras este suceso o pai retornaa formar parte dunha gavela na que participara na súa xuventude e que toma como centro de operacións a taberna da Disputa.
Pouco a pouco Lourenzo vaise involucrando máis e máis neste grupo ata participar nalgún dos seus asaltos, e ao mesmo tempo vai descubrindo que o obxectivo principal da gavela é un tesouro pirata que supostamente está enterrado nesea zona e que o enfronta a outra gavela, a deTomás das Congostras. Nun destes asaltos enfróntase aos seus compañeiros por salvar unha rapaza, Helena Rouco, da que se namora. Con ela e axudado polo cego Campanachoca e a súa muller, emprende unha fuxida a través de gran parte de Galiza para poñela a salvo xunto aos seus parentes de Lugo e durante ela teñen que enfrontarse a numerosos ataques da gavela de Rivadulla, disposta a todo con tal devingarse do rapaz, incluso de matar ao pai cando os encubre. O protagonista consegue finalmente chegar a salvo á cidade e deixar a Helena, tralo que se encamiña a Pontevedra de novo para non caer preso.
Cando Lourenzo se achega a esas terras atópase con Tomás das Congostras e alíase con el, preparando a búsqueda do tesouro escondido. Para iso contan cos bandoleiros da súa gavela e con unhascartas de Lázaro das que Tasende se apropia e que os conducen ata o escondite do botín. Porén, cando chegan ao lugar indicado só atopan unha parte del, e mentres buscan o que falta a outra gavela asáltaos, causando numerosas baixas, pero por sorte Lourenzo e Tomás conseguen escapar con vida aínda que non poden recuperar o tesouro que puxeran a salvo en Pontevedra pola presenza dos Gardas Civís.
Amboscaen presos igualmente pero Lourenzo consegue sair grazas á axuda de Helena, que mentras el trataba de achar o tesouro estivera buscando aos seus avós, e que cando o atopan na cadea conseguen que salga sen cargos debido a que na denuncia que Helena presentara en contra da gavela el non figuraba.
A historia remata cun resumo da situación de cada personaxe, incluido Lourenzo Tasende que vivefelizmente coa rapaza en Morning Star, novo nome que dan á Disputa tras restaurala.
Se nos fixamos, podemos reconocer neste argumento varios paralelismos cunha famosa obra de R.L. Stevenson, autor do que Xosé Miranda se declara admirador: A illa do tesouro. Aínda que existen moitas diferencias, entre elas tempo e espazo,entre as similitudes podemos destacar:
A semellanza entre os dousprotagonistas, Lourenzo e Jill, posto que ambos son dous adolescentes que quedan orfos de pai ou de nai e viven nunha taberna ou pousada na que teñen que axudar.
Nas dúas historias aparece un home que gusta do alcohol e que cambia as vidas dos protagonistas por completo. Estes son Lázaro Rivadulla en Morning Star e Billy Bons en A illa do tesouro.
A existencia dun tesouro pirata e a súa búsqueda sonparte moi importante no argumento. Como consecuencia disto nas dúas novelas existen dous bandos contrarios e ademais en ningunha delas o tesouro é achado na súa totalidade.
Os dous protagonistas son tomados prisioneiros polos respectivos bandos contrarios para que lles axuden a atopar o tesouro.
Esta novela está escrita en 1ª persoa posto que é o protagonista, Lourenzo Tasende, o que conta a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Morning Star
  • Morning star
  • Star
  • Star
  • Star
  • Star
  • star
  • Star

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS