morriña

Páginas: 2 (408 palabras) Publicado: 6 de junio de 2013
MORRIÑA
E a verdade é que aínda me costaba, ó levantarme tódalas mañáns e abrir a xanela, ver aquela enorme torre francesa, a Eiffel seica… en vez da miña amada catedral santiagesa.
Croissantsdis? Quen me dera a min comer unha boa pota de lacón con grelos, da miña madriña Esther, os melloriños da galaxia podería chegar a dicir sen esaxerar nada nadiña, pero ata o verán esto non seríaposible, e dame a min que ía pasar verdadeira calor coméndoos en pleno Xuño… aínda que eso era o de menos, o caso era estar na miña aldeiña galega, cos meus.
E que dicir cando o único que penso segundo asegundo e milésima a milésima é na miña familia, amigos, coñecidos…? Galegos todos tamén, lóxicamente.
Tan lonxe quedaran xa os meus recordos… o meu marisquiño da costa chea antigamente de asasinopetróleo, as muiñeiras, gaitas e gaiteiros, o meu Fin do Mundo, foliadas e verbenas, festas e regueifas, e mesmiño a Santa Compaña…
Aínda recordó cando de pequeño corría polas verdes praderías co meupastor alemán Tobi, e a miña aboa ó lonxe berrando para que non manchase de terra a camisa de ir á misa ós domingos, pero iso todo xa quedara atrás, as máis bonitas imaxes que gardo na mente, todo enGalica.
Nin sequera podía recordar por teléfono anécdotas coma esta cá miña aboa, ela morrera había anos dun cancro moi forte, e no seu enterro eu non aparecín, Por que? Preguntarédesvos, pois poloestúpido feito de que a unha panda de franceses se lles antoxase facer unha das súas típicas festas, e eu como non, o día seguinte como bó barrendeiro, a limpar tódalas rúas. Si barrendeiro, léstedesben, toda a vida de universitario para acabar de estranxeiro e neste oficio, é mellor nin pensalo…
E tiven que superar esta morte eu só, nun lugar onde non saben tan sequera o que égardar luto por respeto á persoa querida.
A verdade é que pouco a pouco xa non sei nin quen nin de onde son, aquí chámanme o galego con ton burlón, e para os meus son o “Francesiño”, que triste, e que...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS