Movemento obreiro

Páginas: 8 (1947 palabras) Publicado: 30 de mayo de 2013
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre O MOVEMENTO
OBREIRO EN ESPAÑA desde as súas orixes ata a crise da Restauración.
Estructurando libremente a túa composición á luz dos documentos, e tendo en conta a
súa contextualización, debes atender cando menos ós seguintes aspectos: razóns e
reivindicacións obreiras, formas de organización e loita, e caracterizaciónideolóxica
das principais organizacións obreiras.
Doc.1.- Parte do Xeneral Pastor sobre o incendio da fábrica Bonaplata ( Barcelona, 1935):
“ Foi queimada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores Bonaplata e Cía. As autoridades,
cando se decataron de que tentaban este ataque os amotinados, enviaron toda a forza de que se podía
dispoñer, co fin de atallar o incendio; mais en balde, xa queestaban determinados a facelo, convencidos
de que os teares movidos por máquinas diminuían a producción do traballo manual. Os donos da fábrica,
que tiñan hai días temores deste ataque, tomaron precaucións cunha garda dos seus propios dependentes,
quenes prematuramente fixeron fogo ós amotinados, cousa que alporizou a estes e aumentou a súa
insolencia. A tropa que tiña que contelos púxose depor medio e resultaron da lirota varios mortos e
feridos”.

Do.2.- En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición ás
Cortes:
“ Señores Deputados das Cortes Constituíntes:
Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruína. Os salarios menguan. O prezo dos comestibles
e das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (…) mandar ótaller ás nosas
donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo
prematuro.
É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a
liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concurrencia, porque é a vida
das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porquecoñecemos os apuros do
Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS.
Hoxe concédesenos só para favorecerrnos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos
en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles
tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixoprezo, organizar o ensino
profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.

Doc3.- Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese
do perigo que para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores
(AIT):
“ Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ó cidadánhumilde e ó elevado
magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ó traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á
familia, á seguridade persoal; á orde, ó goberno, á economía política; e en fin, a tódalas entrañas da vida
da humanidade. ¡ Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios
tutelares da súa existencia e desenvolvemento!
E vencidossairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están
ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o
abismo onde empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (…), políglota e cosmopolita, que se
titula a Asociación Internacional”.

Doc 4.- En marzo de 1917, este Manifesto da UGT e a CNTpropón a folga xeral, que será
definitivamente convocada en Agosto:
“ O proletariado organizado chegou así ó convencemento da necesidade da unificación das súas forzas
nunha loita común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a
este convencemento, os representantes da Unión general de Trabajadores e os da Confederación
Nacional del Trabajo acordaron...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Movemento obreiro
  • Movementos obreiros
  • TEMA 8 A Revolución E O Movemento Obreiro
  • Women's movement
  • Migration movement
  • The movement
  • Thrive Movement
  • movement

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS