Movimiento obrero
A aparición do movemento obreiro viuse favorecido polas condicións laborais, económicas e sociais dos traballadores. As súas primeiras reivindicacións, sen intencións políticas vanse centrar no dereito de asociación e no mantemento do soldo. Mais tarde, a partir de 1870 comezaran a facer propostas ideolóxicas e políticas.
AS CONDICIÓNS DE VIDA
A pesar das melloras dascondicións laborais da clase obreira industrial, estas sempre foron moi duras. Os soldos, aínda que se mantiñan estables, eran baixos. De aí que unha subida de prezos lles provocara aos traballadores graves problemas de subsistencia (o que provocaba descontento e revoltas).
As xornadas laborais podían chegar ás quince horas diarias. O médico Pedro Felipe Monlau xa propuxera a redución da xornadalaboral a 12 horas, para mellorar a saúde dos traballadores.
As mulleres tiñan que ir a miúdo cos seus fillos máis pequenos á fábrica e escondelos, para evitar que as despediran. Ademais tiñan un soldo máis baixo cós homes.
As condicións laborais eran precarias: ruído, temperaturas extremas, ambientes cerrados e sen ventilación, mala alimentación, falta de descanso, accidentes laborais, despedimentolibre, rebaixa de salarios en épocas de crise, analfabetismo e inexistencia de protección social. Ademais, a saúde dun obreiro era tan precaria que a súa esperanza de vida era case a metade á dun burgués (30- 50 respect.).
OS INICIOS DO MOVEMENTO OBREIRO (1840-68)
1º-Etapa ludita / década 1820-30 (libro pax 284)
2º-A partir da década de 1830, os traballadores comezan a crear asociaciónsde axuda mutua, que os protexera en caso de enfermidade ou de perda do traballo. Os traballadores agrupábanse e reunían pequenas cantidades de diñeiro, que serían usados para socorrer aos que sufrían grandes enfermidades. (Barcelona- 1º sindicato por oficio e asociación mutua). As primeiras asociacións son creadas en Málaga, Madrid e Alcoy. Nun primeiro momento estaban prohibidas (agás nalgúnsmomento do goberno progresista) e ademais non había liberdade de asociación. Por iso, este dereito foi unha das reivindicacións primeiras e permanentes do mov obreiro.
A pesar desta prohibición, entre 1842 e 1855 os obreiros crearon unha organización de asociacións de axuda mutua, que a partir de 1855 foi dirixida pola Xunta Central de Directores de Clase Obreira. Esta organización explica o éxitoda 1ª folga xeral da historia de España, feita en gran parte das zonas fabrís de Cataluña no 1855. Nesta folga reivindicouse a liberdade de asociación, un horario laboral estable, a creación dunha xunta mixta (obreiros e patróns) para discutir conflitos laborais e a limitación do despedimento libre. As autoridades quixeron acabar co mov obreiro, e prohibiron as sociedades obreiras, aínda que seformou un comité de patróns e obreiros que chegou a un acordo sobre salarios.
No bienio progresista (1854-56) proliferan as axitacións sociais e o obreirismo. Comeza a súa expansión cara outras zonas de España, o sindicalismo de clase e a folga móstrase como instrumento eficaz de reivindicación.
No sexenio democrático o republicanismo federal defende un programa de descentralización do estado ereformismo social que implicase unha mellora das condicións laborais, mais a falta de verdadeiro apoio político. A non satisfacción das reivindicacións obreiras conduciu a importantes sectores do obreirismo cara o socialismo e o anarquismo.
A DIVISIÓN DO MOVEMENTO OBREIRO NO SEXENIO REVOLUCIONARIO (1868-74)
En 1864 crease en Londres a 1ª Asociación Internacional de Traballadores (AIT). Estaasociación pretendía conseguir a emancipación económica e social da clase obreira e chegar a superar a sociedade de clases liberal.
No 1871 produciuse no seo da AIT un enfrontamento entre as tendencias representadas por Karl Marx e Mihail Bakunin, debido as diferenzas de proposta para conseguir os obxectivos da AIT.
Marx defendía a creación dun partido propio para a clase obreira para alcanzar o...
Regístrate para leer el documento completo.