Na Noite Estrelecida

Páginas: 3 (546 palabras) Publicado: 30 de octubre de 2015
Na noite estrelecida é unha obra poética de Ramón Cabanillas, publicada en 1926. Está conformada por tres poemas escritos en series de pareados alexandrinos, mesturados con romances e sextinas, queten como tema principal a materia de Bretaña.
Dúas das sagas xa foran publicadas (con algunhas variantes) antes de 1926, mais foi nese ano cando apareceron as tres reunidas nunha publicación.Posteriormente, os poemas foron incluídos dentro das edicións da Obra Completa de Ramón Cabanillas (1959 e 1979), de xeito individualizado. Na noite estrelecida foi publicada de novo en 1976 (ed.de Carvalho Calero) e en 1988 (Xosé Ramón Pena, a única edición anotada e comentada até a data).
Estudo da obra
Na noite estrelecida estrutúrase en tres poemas, chamados sagas polo autor: A espada Escalibor, Ocabaleiro do Sant Grial e O soño do Rei Artur. É un dos textos que mellor responden ao que se ten cualificado como as "necesidades estéticas" ou o "programa estético" do nacionalismogalego das Irmandades da Fala; singularmente, na liña do pensamento de Vicente Risco, daquela o principal ideólogo da organización irmandiña.
A través dunha reasunción libre dos míticos artúricos, Cabanillas levouadiante na súa obra unha verdadeira exaltación mítico-patriótica de Galiza. Para tal labor, botou man, canto aos elementos narrativos, das tradicións artúricas que non puido coñecer desde o legadomedieval galego-portugués por seren descoñecidos os textos que as conteñen naquelas datas. Ao mesmo tempo, Cabanillas reactualizou tamén os mitos célticos e asemade incorporou elementos xeográficos,literarios, históricos... procedentes dos espazos escoceses, galeses ou irlandeses. Porén, todo ese conglomerado de elementos artúricos, célticos, atlánticos... aparece nitidamente galeguizado nos versosde Na noite estrelecida. Deste xeito, Galiza aparece como a verdadeira "Terra Prometida", o solar dos cabaleiros da mesa redondae o territorio onde se han de cumprir, actualizadas, as vellas...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Cuando Petan Na Porta Pola Noite
  • Na na na na
  • Na Na Na
  • Na Na Na
  • Na na na
  • Na na na
  • nose na
  • Na de na

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS