Naturaleza de los Grupos
1.- EVOLUCIÓN HISTÓRICA DO CONCEPTO DE GRUPO.
Dentro da evolución histórica do concepto de grupo hai catro grandes tradicións:
1.1.- TRADICIÓN COLECTIVISTA. (S. 1900-1920)
Dentro desta tradición colectivista hai dúas orientacións:
Orientación sociolóxica Grupo e comunidade como similares.
Perspectiva psicosocial estes autores son os primeiros que intentancambiar o plantexamento de facer Psicoloxía social.
Chámase tradición colectivista porque toda ela defende a superioridade ou maior importancia do grupo con respecto ó individuo.
Nesta definición de grupo atopamos 4 grupos:
Un plantexamento que se pode denominar grupo e comunidade (Dukheim), plantexa que a sociedade é previa ao individuo, e que inflúe sobre el. A "conciencia individual" non ésuficiente para explicar a vida social, aínda que si é necesaria. Para entender este comportamento social temos que analizar a "conciencia colectiva", na que inclúe todos os fenómenos externos ao individuo pero que o conforman (relixión, lingua...). Concepto positivo de grupo por tanto.
Grupo como espírito de pobo ( correspondente á tradición xermana), mantense de novo a superioridade do grupo, máisben do pobo, sobre os individuos que o compoñen e segue habendo un concepto positivo do pobo. As ideas deste marco teórico son que o pobo é o que compón as tradicións, a cultura, a arte e polo tanto tamén dan a identidade dos individuos que o compoñen. Como pobo é o depositario de todos estes constructos e está por encima do individuo.
Grupo como masa, de novo o grupo é dalgún modo máisimportante que o individuo, pero non superior a el, porque o grupo ten unha connotación negativa. O grupo percíbese como unha masa rexida por instintos e polo tanto menos racional que o individuo. Dalgunha maneira na masa desaparece o individuo racional e neste contexto prodúcense os fenómenos de suxestións, contaxio, .., é dicir asociase a comportamentos dos suxeitos dunha masa que xeralmente sonnegativos. O pensamento convértese inmediatamente en acción, mentres que individualmente reflexionariamos antes. Algúns autores deste plantexamento serían: Tarde, LeBon.
“ A mente grupal”, inscríbese dentro da tradición anglo-americana e está representado fundamentalmente por McDougall. O plantexamento da mente grupal sería que basicamente o grupo é máis importante que o individuo pero pola simplerazón de que o grupo é o que socializa ó individuo, de modo que é o proceso de socialización o que converte ó individuo no membro dun grupo, polo tanto o que lle dá identidade e ademais ese proceso de socialización posibilita a creación de ideas compartidas e iso é o que é a mente grupal ( un conxunto de ideas compartidas).
1.2.- PERSPECTIVA INDIVIDUALISTA. (S.XX)
Na perspectiva individualista quexorde a principios do S. XX inscríbese directamente no paradigma condutista e está representada basicamente por un autor, por Allport ( norteamericano). Dende o plantexamento condutista simplemente o grupo non existe, o que mellor representa este plantexamento é a frase de Allport “ o grupo como falacia”; o grupo é un conxunto de individuos que introducen algunha modificación o individuo, perotamén o fan outras circunstancias, como as ambientais. O grupo sería unha situación estimular á que o individuo reacciona. Por iso se empeza a estudar ao individuo, por ser o único que se pode estudar científicamente (o grupo é algo difuso, só teñen interese na mente do individuo en forma de ideais, hábitos..)
-FLOYD ALLPORT: "Psicoloxía Social", 1924
O grupo como falacia. O grupo non existe. Parael, conceptos como o de alma de grupo son pura invención, non fan referencia a ningunha realidade. Segundo Allport non existe nada por encima dos individuos que compoñen o grupo. O grupo é un conxunto de estímulos ou sistemas nos que o individuo se encontra ou percibe e ante a que reacciona. Esta situación inflúe no comportamento individual como inflúen outras moitas situacións.
-Facilitación...
Regístrate para leer el documento completo.