nazismo

Páginas: 13 (3045 palabras) Publicado: 23 de octubre de 2013
O "Nazismo" ou o "Nacional Socialismo" designa a política da ditadura que gobernou a Alemaña de 1933 a 1945, o "Terceiro Reich". O nazismo é frecuentemente asociado ao fascismo, aínda que os nazis dixesen practicar unha forma nacionalista e totalitaria de socialismo (oposta ao socialismo internacional marxista).
O Partido Nacional Socialista alemán defendía o "Nationalsozialismus"("Nacional-Socialismo"). Algunha dereita e extrema-dereita, chegando por veces ata ao centro, en especial en países con máis forte tradición anti-comunista (como os Estados Unidos da América), refírense ao nazismo como unha forma de socialismo, apuntando para o nome, para algunha da retórica nazi e para a estatización da sociedade como probas. A xeneralidade da esquerda rexeita esas ideas, apuntando para aexistencia, desde aínda antes da tomada do poder por Hitler, dunha resistencia comunista e socialista ao nazismo, para o carácter internacionalista e fraterno do socialismo, totalmente oposto á teoría e práctica nazi, e para a manutención, polos nazis, de toda a estrutura capitalista da economía alemá, limitada apenas polas condicionantes dunha economía de guerra e pola abordaxe a aquilo a que osnazis chamaban o "problema xudeu".
O ditador Adolf Hitler chegou ao poder encanto líder dun partido político, o Partido Nacional Socialista dos Traballadores Alemáns (Nationalsozialistische Deutsche Arbeiterpartei, ou NSDAP). A Alemaña deste período é tamén coñecida como "Alemaña Nazi" e os partidarios do nazismo eran (e son) chamados nazis. O nazismo foi prohibido na Alemaña moderna, moito aínda quepequenos grupúsculos de simpatizantes, chamados neo-nazis, continúen a existir na Alemaña e noutros países. Algúns revisionistas históricos diseminan propaganda que nega ou minimiza o Holocausto e outras accións dos nazis e tenta deitar unha luz positiva sobre as políticas do réxime nazi e os acontecementos que ocorreron baixo el.
Índice [agochar]
1 Teoría ideolóxica
2 Nazismo e romantismo3 O nazismo e o Imperio Británico
4 Teoría económica
5 Efeitos
6 Efeitos secundarios
7 Persoas e historia
8 Nazismo e relixión
9 Nazismo e fascismo
10 Que factores levaron ao éxito do nacional-socialismo?
11 O termo "nazi" na cultura popular
12 Véxase tamén
12.1 Outros artigos
Teoría ideolóxica[editar | editar a fonte]

De acordo con "Mein Kampf" (A Miña loita), Hitler desenvolveu assúas teorías políticas pola observación coidadosa das políticas do Imperio Austro-Húngaro. El naceu como cidadán do Imperio e acreditaba que a súa diversidade étnica e lingüística o enfraquecera. Tamén vía a democracia como unha forza desestabilizadora, porque colocaba o poder nas mans das minorías étnicas, que tiñan incentivo para enfraquecer e desestabilizar máis o Imperio.
O centro daideoloxía nacional-socialista é o termo raza. A teoría nazi di que a raza aria é unha "raza-mestra", superior a todas as outras, e xustifica esta crenza da seguinte maneira:
O nacional-socialismo di que unha nación é a máxima creación dunha raza. Consecuentemente, as grandes nacións (literalmente, nacións grandes) serian a creación de grandes razas. A teoría di que as grandes nacións nacen do poderíomilitar e que este, pola súa vez, se orixina en culturas racionais e civilizadas, que, pola súa vez aínda, son criadas por razas con boa saúde natural e trazos agresivos, intelixentes e coraxosos.
As nacións máis fracas, para os nazis, son aquelas criadas por razas impuras, "mulatas" porque teñen culturas divididas, briguentas e, polo tanto, fracas.
De acordo cos nazis, un erro obvio deste tipo épermitir ou encoraxar múltiplas linguas dentro dunha nación. Esta crenza é o motivo polo cal os nazis alemáns estaban tan preocupados coa unificación dos territorios dos pobos de lingua alemá.
Nacións incapaces de defender as súas fronteiras, dicían, serian a creación de razas fracas ou escravas. Pensábase que as razas escravas eran menos dignas de existir do que as razas-mestras. En particular,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • NAZISMO
  • nazismo
  • nazismo
  • El nazismo
  • nazismo
  • nazismo
  • Nazismo
  • Nazismo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS