nb jv

Páginas: 12 (2796 palabras) Publicado: 19 de febrero de 2014
TEMA 4. ARTE PRERROMÁNICA
A expresión arte prerrománica non abarca unha realidade uniforme. A denominación foi utilizada no s. XIX para referirse ás manifestacións artísticas que se suceden en Europa dende as invasións bárbaras do Imperio ata a formación da arte románica (séculos V ao X). Cada unha das zonas do imperio romano, afastado das demáis, evoluciona de forma autónoma, o que da lugara manifestacións artísticas diferentes. Todas elas, coa súa orixinalidade, constitúen o que se denomina arte prerrománica.
No século IV os pobos bárbaros (visigodos, francos, vándalos, alanos, anglos, saxóns, lombardos…) atravesaron os límites do Imperio romano. Asentáronse e fundaron novos reinos. Foi unha época de inestabilidad e desorde, loita, ruralización, despoboación e empobrecemento dascidades.
Como os pobos bárbaros tiñan unha vida itinerante e guerreira, daban gran importancia ó que podían levar con eles con gran riqueza ornamental. Por iso predominaban as obras en metal e a ourivería.
Esta nova arte mistura a tradición romana e a cultura dos pobos bárbaros.
Algúns dos pobos bárbaros convertíronse ao cristianismo, que tivo un papel moi importante no cultural, espiritual eformativo.
De este proceso xurden novas manifestacións artísticas. As súas fontes son:
A herencia clásica grecorromana, sobre todo na arquitectura xa que toma tipoloxías arquitectónicas, materiais e técnicas constructivas.
A influencia oriental, a través de Bizancio, transmite a planta de cruz grega, as cúpulas e os mosaicos.
A arte dos pobos bárbaros, repercute na ornamentación de obxectosde metal e motivos ornamentais como entrelazados, espirais, motivos vexetais, figuras zoomorfas, sogueados…usados en múltiples manifestacións artísticas.
A relixión cristiana marca os temas relixiosos.
Hai unha regresión hacia certo primitivismo, tendencia ós localismos. A decoración faise máis esquemática e simbólica (vese na representación da figura humana). Son pouco naturalistas. Hai “horrorvacui”: tentan cubrir todo o espacio con decoracións. Non coñecemos a ningún autor, son obra de talleres colectivos anónimos.

A partir do século VII pódese falar dun renacemento da arte no conxunto da Europa Occidental. Este fenómeno foi particularmente acusado na Galia (arte merovinxia e carolinxia), no norte de Italia (arte lombarda) e na Península Ibérica (arte visigoda, astur e mozárabe oude repoboación)

ARTE CAROLINXIA
No século VIII, Carlomagno rei dos francos forma un Imperio. Baixo o seu dominio xurde a arte carolinxia que intenta imitar os modelos clásicos e a arte imperial romana. Houbo un gran desenvolvemento da arquitectura (renacemento carolinxio). O desenvolvemento extraordinarioa da arquitectura foi unha das notas características do periodo carolinxio, aínda quecase non nos chegaran exemplos ata os nosos días. A obra máis destacada é o Palacio de Aquisgrán, residencia de Carlomagno, que foi levantado sobre os restos dunha estación termal romana.
Capela Palatina de Aquisgrán – século VIII - É o único que se conserva do complexo palaciego.Ten planta poligonal. O núcleo central ten cúpula e está rodeado por un deambulatorio anular abovedado e coronado porunha tribuna.
A disposición xeral recorda a San Vital de Rávena e outras construccións romanas. As columnas e os mármores foron traídos de Roma e Rávena, a inspiración romana é fundamental neste edificio. Comparando ambas plantas e os seus correspondentes alzados é posible percibir que, tanto na planta coma no sistema de contrarrestos das presións, as solución adoptadas son as mesmas.
A notaque diferencia ambos estilos proporcionaa a nova realidade do Mare Nostrum: a presenza musulmá no Mediterráneo e na Panínsula Ibérica, cuxa influenza se deixa sentir na alternancia das doelas dos arcos (remítenos á mesquita de Córdoba, que comenzara a edificarse uns anos antes).


ARTE PRERROMÁNICO HISPÁNICO
A Península Ibérica foi ocupada de xeito sucesivo, nunha primeira vaga de pobos...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • jv hjnbkjl
  • Industrias Jv
  • nb jxcvajsb
  • resume NB
  • bc nb
  • Nb Hbhbjhbhb
  • nb kkm
  • nb b

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS