neumatica
Tema 11: Elementos transformadores do
movemento
1.- TIPOS DE MECANISMOS
Na maioría das máquinas prodúcense transmisións e transformacións duns tipos de
movementos noutros.
En, xeral, o elemento motor adoita producir un movemento circular, que é
converter en lineal ou en lineal alternativo ( de vaivén).
Durante o proceso de transmisión deesforzos prodúcense diferentes
conversións: movementos lineais en circulares ou viceversa, movementos
dun tipo noutro, etc.
En moitos casos, realízase una última conversión antes de chegar ó
operador.
necesario
tipos de
circulares
elemento
Para levar a cabo estas operacións utilízase unha serie de mecanismos. Os máis
característicos son o cardán ou articulación universal, oembrague, os mecanismos
denominados piñón-cremalleira, biela- manivela e parafuso senfin-coroa, a leva e a manivela
con parafuso e porca.
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I
IES AQUIS CELENIS
TEMA 11: ELEMENTO TRANSMISORES DO MOVEMENTO
2.- CARDÁN OU ARTICULACIÓN UNIVERSAL
Este dispositivo permite a transmisión do movemento de
rotación dunha árbore a outra, cando estes forman entre sí un certo
ánguloa.
Consta dunha cruceta formada por dous brazos
perpendiculares AB e A’B’, ós que se articulan as gallas en que
terminan as árbores. Ó xirar un deles, transmítelle o movemento ó
outro.
A relación de transmisión, i, desta articulación é igual á
unidade, xa que a velocidade, en revolucións por minuto, á que
xiran ambos é a mesma.
O funcionamento do cardán é óptimo cando o ángulo queforman as árbores é de 0˚,
xa que, neste caso, ambos actúan coma se se tratase dun só. A medida que o ángulo aumenta,
o funcionamento dificúltase progresivamente. Na práctica, o ángulo límite de funcionamento é
de 45˚.
O cardán utilízase habitualmente nalgunhas máquinas ferramentas e nas árbores de
transmisión dos vehículos, cando o motor está situado sobre o eixe dianteiro e debe transmitir
unmovemento ó eixe traseiro. Neste caso, existe un cardán á saída da caixa de cambios e
outro á entrada do diferencial do eixe traseiro.
Cando a árbore de transmisión é moi longa, adoita situarse un terceiro cardán a media
distancia entre a caixa de cambios e o diferencial, para evitar rixideces e eliminar os esforzos
de torsión ós que estaría sometido debido ó seu propio peso.
3.- EMBRAGUEEn ocasións, resulta conveniente permitir ou
interromper, a vontade, a transmisión dunha árbore a outra.
Nestes casos utilízase o dispositivo chamado embrague.
O embrague é un mecanismo que permite axustar
dúas pezas que se encontran en eixes aliñados para
transmitir a unha delas o movemento de rotación da outra.
Así , é frecuente escoitar termos como embragar ou
desembragar cando se fala dofuncionamento dunha
máquina ou vehículo.
TECNOLOXÍA INDUSTRIAL I
IES AQUIS CELENIS
TEMA 11: ELEMENTO TRANSMISORES DO MOVEMENTO
Embragar, significa conectar entre sí dous eixes aliñados de modo que ambos acaden
a mesama velocidade de rotación.
Desembragar consiste en incomunicar os dous eixes de modo que o movemento dun
non se transmita ó outro.
3.1.- TIPOS DE EMBRAGUESSegundo a forma de levar a cabo o axuste entre as árbores ou os eixes, distinguimos
tres tipos básicos de embragues: os ríxidos, os progresivos e os hidráulicos.
Os embragues ríxidos son aqueles nos que cómpre deter
o movemento das árbores antes de efectuar unha
operacións de axuste.
Os mais característicos son os embragues de dentes.
Neste tipo de embragues, as árbores que se van axustarlevan nos seus extremos dúas pezas dentadas que
encaixan unha na outra.
Para poder embragar e desembragar, é necesarios
que as dúas árbores estean paradas, xa que, se se intentan
axustar en movemento, pódese producir a rotura dos
dentes.
Os embragues progresivos son aqueles nos que o axuste
mecánico se pode levar a cabo coas árbores en movemento. Denomínanse tamén
embragues de...
Regístrate para leer el documento completo.