ninguno
Acusativo e transitividade:
En latín clásico o acusativo é marca de case o 90% dos A2 con verbos de dúas posicións e o 100% dos A2 dos verbos de tres posicións. O A2 é o determinante máis directo do verbo e desempeña a función sintáctica de Obxecto, tamén chamada Obxecto Directo na predicación transitiva. Os verbos transitivos necesitan un complemento que precisa a significacióndo verbo e denota o obxecto sobre o que recae a acción: a acción do verbo “pasa” o obxecto que se ve afectado por ela. Un verbo transitivo prototípico é aquel no que o suxeito é o axente e o obxecto é paciente. Patricia pintou un cadro. Pero as linguas tipifican como transitivos verbos de percepción física e mental ( ver ou amar ) nas que o suxeito é un axente pouco prototípico e o grado deafectación do obxecto é altamente abstracto.
A transitividade é polo tanto cuestión de grado, os estudosos estableceron os rasgos que lle confiren a un predicado un alto grado de transitividade: que o verbo exprese unha acción e esta sexa télica; que o suxeito sexa axente e a afectación do obxecto sexa completa. Inversamente o menor grado de transitividade dáse cando o verbo non exprese unha accióne non sexa télico, ou cando o Suxeito no é axente e o grado de afectación do obxecto é mínimo.
(3a) suum fatum querebantur (“queixaban da súa sorte”, Caes. Gall. 1,39,4)
(3b) non inuidebit huic meae gloriae (“non envexarán esta gloria miña”, Cic. Phil. 6,9)
O latín tipifica como transitivo un verbo como queixarse e como intransitivo envexar, ó revés que en castelán. En ambos casos oobxecto non é Paciente e o suxeito non é axente. A transitividade é unha propiedade gradual e escalar: en latín algúns verbos experimentan un cambio na súa construción xa sexa alternando o número de argumentos, xa sexa modificando a expresión morfolóxica dos mesmos.
Latín lingua transitivizante:
Hai dous fenómenos que permiten falar do latín como unha lingua cunha marcada tendencia átransitividade:
1. O primeiro é estritamente morfosintáctico: algúns verbos cuxo A2 é orixinariamente outro caso adverbial ( Xen., Dat., Abl.) pasan a construírse con acusativo, o caso do A2 na maioría dos verbos.
2. O segundo é de tipo semántico: un verbo intransitivo amplía ou modifica o seu significado e pasa a construírse ca marca característica da transitividade: Acusativo Obxecto.
OAcusativo concurre con outros casos:
1. Acusativo – Xenitivo: con verbos como meminisse constrúese indistintamente con acusativo e xenitivo, o réxime en xenitivo pode considerarse o máis antigo (aparece en construcións formulares 4a), pero dende o latín arcaico documéntase tamén o acusativo (4b). o acusativo en contextos como este, podería ser a expresión dun maior grado de transitividade conrespecto á correspondente construción en Xenitivo.
(4a) sed ueteris prouerbii admonitu uiuorum memini (“pero, por consello do vello proverbio, acórdome dos vivos”, Cic. fin. 5,3)
(4b) ecquid meministi tuom parentum nomina, patris atque matris? (“¿acórdaste algo dos nomes dos teus pais, pai e mai?”, Plaut. Poen. 1062)
2. Acusativo – Dativo: os verbos que teñen un A2 en dativo comparten poloxeral un contido léxico ( fauere, curare, nocere, placere) congruente cos contidos do dativo (beneficiario, receptor, experimentador...) motivo polo que se fala de rección semántica (moralejo). Algúns destes verbos comezan a construírse tamén con acusativo experimentando así un proceso de transitivización polo que un caso adverbal non marcado é substituído por un non marcado, o Acusativo. Exemploprototípico de transitivización podería ser o de curare:
(5a) curato aegrotos domi (“coida ós enfermos na casa”, Plaut. Capt. 190)
(5b) Lampadio, obsecro, cura (“coida de Lampadio, rógocho ”, Plaut. Cist. 594)
Ocorre o caso contrario con parcere, co que hai casos nos que aparece indistintamente acusativo e dativo, xeneralizándose logo o Dativo:
(6a) ne parce uocem, ut audiat (“no...
Regístrate para leer el documento completo.