Noite De Voraces Sombras

Páginas: 3 (663 palabras) Publicado: 22 de marzo de 2015
Noite de voraces sombras
Sara, unha moza de 16 anos, escribe dous meses despois, na soidade do seu cuarto na Coruña, sobre os días de agosto en Viveiro que lle cambiaron a vida, cando deixou de serunha rapaza atolada, non só pola descuberta do propio corpo con Daniel aquela noite na praia.
Malia a morte da avoa, mamá Laura, uns meses antes, a súa mai (novelista de éxito; seu pai, funcionario deFacenda) decidiu que debían pasar as vacacións como sempre na casa familiar de Viveiro. Sara aceptou con resignación, pois non podería estar co seu mozo, Fran. Tivo que se instalar no cuarto do tíoMoncho, que a avoa non permitira abrir desde a súa morte, solteiro, había moitos anos. Remexendo nos libros, nun de poesía descubriu escrito a man un fermoso poema de amor de Cabanillas. Logo, sentindounha presencia estraña ás súas costas, como se houbese alguén máis no cuarto, tardou en conciliar o sono.
Ao día seguinte saíu coa amiga Aurora e á volta acompañouna Daniel, un rapaz vigués que nacomplicidade da noite lle deu un bico longo como os de Fran, ao que ela lle correspondeu. Xa no cuarto, deu cun compartimento secreto do armario que gardaba revistas galegas da II República, fotosfamiliares e tamén do tío Moncho cunha fermosa muller chamada Sara Salgueiro. E cartas de amor desta. Datadas entre setembro do 32 e agosto do 36, ela (mestra galeguista, como o tío) decláralle o seu amoreterno e o medo por tantos mortos que aparecen cada día (con especial saña, os mestres) e cóntalle que vai marchar para Buenos Aires, onde ten a esperanza de que se poidan xuntar. Hai tamén unhaespecie de diario del escrito na prisión nun caderno de tapas de hule: en xullo do 36 marchara para Vigo para librar da morte certa, onde o localizaron e encerraron na cadea da illa de San Simón; logo, nade Pontevedra. Ata que o xulgaron condenándoo a 20 anos por predicar ideas galeguistas e progresistas, que cumpriu no cárcere de León. Nas páxinas derradeiras do caderno en setembro do 43 móstrase...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Note de voraces sombras.
  • Avidos y voraces
  • VORACIDAD FISCAL
  • Algoritmos voraces
  • Algoritmos voraces
  • Sombras De
  • sombras
  • Sombre

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS