Normativa para a colación do grao de licenciado en veterinaria

Páginas: 5 (1241 palabras) Publicado: 16 de marzo de 2012
Normativa para a Colación do Grao de Licenciado en Veterinaria

(Aprobada pola Xunta de Facultade o 6 de xuño de 2006 e polo Consello de Goberno da USC o día 13 de decembro de 2006)
A colación do Grao de Licenciado en Veterinaria regularase polas presentes normas e polas que se establecen no título IX das Normas de Xestión Académica da Universidade de Santiago, que serán de aplicaciónsubsidiaria.
O Grao de Licenciado en Veterinaria pola Facultade de Veterinaria da Universidade de Santiago de Compostela poderase obter por calquera das dúas modalidades seguintes: TRABALLO DE INVESTIGACIÓN (MEMORIA DE LICENCIATURA) e EXAME DE GRAO.

1. MODALIDADE DE TRABALLO DE INVESTIGACIÓN (MEMORIA DE LICENCIATURA)
Considérase que a Memoria de Licenciatura é un traballo de iniciación áinvestigación, onde se dá conta dos antecedentes e resultados acadados no estudo dun tema determinado. O traballo organizarase segundo os seguintes apartados: Resumo, Introdución, Obxectivos, Materiais e Métodos, Resultados, Discusión, Bibliografía e Apéndices, se foran necesarios. Os apartados Resultados e Discusión poderán ser tratados conxuntamente, se se considera oportuno.

1.1. Solicitudes
Poderánpresentar solicitude para optar ó Grao de Licenciado pola modalidade de traballo de investigación (Memoria de Licenciatura) os licenciados en Veterinaria e os alumnos do último curso da Licenciatura. Estes últimos só poderán presentar a memoria para a súa defensa unha vez rematados os estudos da Licenciatura. O período de presentación de solicitudes permanecerá aberto durante todo o ano.
Asolicitude de realización do traballo de investigación irá dirixida ó Sr/a Decano/a e nela deberá figura-lo título do traballo así como o departamento e o centro onde se levará a cabo. Tamén deberá consta-lo “Visto e prace” do director do traballo. O título final do traballo non terá porqué coincidir exactamente co inscrito inicialmente, tendo que solicitar mediante instancia o cambio do mesmo, pero sideberá manterse o tema sobre o que se desenvolva o traballo.
Deberán transcorrer polo menos tres meses entre a data de presentación da solicitude e a data de presentación e defensa da Memoria de Licenciatura.

1.2. Director do traballo
Para ser director do traballo de investigación requirirase estar en posesión do título de doutor e pertencer a un dos corpos docentes universitarios ou ter acondición de profesor universitario contratado.
Amais, poderán ser directores dos traballos de investigación os doutores que, sen ter a condición de profesor universitario, sexan autorizados polo departamento á vista do proxecto de traballo de investigación. Neste suposto o trámite de lectura do traballo de investigación deberá ser aprobado previamente polo consello de departamento á vista do traballoelaborado.

2 Os traballos de investigación poderán contar con codirectores, que deberán reuni-los mesmos requisitos esixidos para os directores.
O traballo poderá ser desenvolvido na Facultade de Veterinaria de Lugo ou noutro centro de investigación. No caso de que o traballo se realice noutro centro de investigación ou en departamentos sen docencia na Facultade, ou nos casos en que odirector do traballo non sexa un profesor con docencia na Facultade, procederase a nomear un relator que deberá ser un profesor co grao de doutor con docencia asignada no primeiro ou segundo ciclo da Licenciatura. O relator será proposto polo Decano/a e aprobado pola Comisión Permanente da Facultade.

1.3. Tribunais
Os tribunais encargados de xulgar as memorias de licenciatura constarán de tresmembros que deberán ter o grao de doutor, e dos cales, polo menos dous, incluído o presidente deberán ser profesores da Universidade de Santiago. Os profesores da Universidade de Santiago membros do tribunal deberán pertencer a departamentos e áreas de coñecemento vinculadas coa titulación de Veterinaria, sen que poidan pertencer á mesma área máis de dous membros.
Os tribunais serán nomeados polo...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Proyecto para acto de colacion
  • Glosas para acto de colacion
  • Menu para colacion
  • Manual Belem do Par
  • Ensayo Belem Do Pará
  • convencion belen do para
  • Convenio Belen Do Para
  • farmacos para la medicina veterinaria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS