Novela De Xadrez
·Stefan Zweig: Crítico e novelista austriaco nacido en Viena o 28 de Novembro de 1881, dunha familia hebrea de ricos industriais. Dada a posición social dos seus pais, non seguiu ningun estudo profesional. Desde un principio dedicouse ás súas afeccións literarias e creouse unha sólida cultura, estudando filosofía na Universidade de Viena. Antes de entrar na Universidade,aos 19 anos, Zweig publicou un volume de versos que denotan a gran impresión que produciran nel os líricos franceses, especialmente Verlaine e Berhaeren, que logo habían de influír moito no seu temperamento artístico. Estes primeiros versos, aínda que non presentan características orixinais,advírtense ecos de Rilke na lírica, de Hofmannsthal no teatro, e de Schnitzler nas narracións.
Terminadosos seus estudos quixo ver mundo, evadirse do ambiente burgués en que vivira. Fixo, pois, unha primeira viaxe a Paris en 1915. O contacto co simbolismo francés induciulle a novos experimentos estilísticos: traduciu a Rimbaud, Verlaine, Baudelaire e ao belga A. Verhaeren, con quen mantivo estreita amizade. Viaxou logo por Inglaterra, España, Italia e outros países. Realizou longos itinerarios: o deExipto, o da India, o da China, Xapón, e o da América do Norte. Durante este tempo publicou en Alemaña varios libros (versos, contos, traducións) e fixo representar varias obras dramáticas orixinais que lle sinalaron á atención da crítica e do público. En 1912 iniciouse unha relación amorosa coa escritora Friederike Maria von Winternitz, quen por el abandonou ao seu marido.
A súa actitudecosmopolita viuse sometida a unha dura proba polo primeiro conflito bélico mundial. En 1914, cando estalou a guerra, achábase en Bélxica, onde ía visitar ao seu amigo o poeta Emilio Verhaeren. Foi mobilizado polo seu país durante tres anos, pero non estivo nunca nos campos de batalla. Fixo o seu servizo en Viena, nun despacho dos arquivos da guerra. Esta duraba aínda cando obtivo un permiso de dousmeses, que el aproveitou para trasladarse a Suíza. En 1917 fixo representar en Zúric unha obra dramática en nove cadros, Jeremías, no cal condenábase a guerra. Esta obra é de tendencias pacifistas e naquel entón só podía representarse nun país neutral.
En territorio suízo atopou a outro pacifista expatriado, o seu querido amigo Romain Rolland, o cal dixo desta produción cando se estreou, que era omellor exemplo, por el coñecido, «desa augusta melancolía que sabe ver por encima do drama sanguento de hoxe, a eterna traxedia da humanidade». Xunto con Romain Rolland e outros amigos de diferentes países belixerantes, fundou a aquel famoso grupo de escritores refuxiados en Suíza que defenderon, contra a guerra, a unidade espiritual de Europa.
Zweig foi un dos máis acérrimos defensores da«comunidade intelectual de Europa» e da «gran amizade do espírito que descoñece as fronteiras». Terminada a guerra, volvióse ao seu país, pero non se instalou en Viena, senón en Salzburgo, onde leva unha existencia laboriosa, interrompida tan só polas súas frecuentes viaxes, que lle dan materia e ocasión de novas actividades. En tal cidade compuxo os volumes de contos Amok (1922) e Confusión desentimentos (1925), reunidos logo nun ciclo, A cadea, xunto co libro precedente, Primeira experiencia de 1911; alí tamén apareceron os ensaios contidos nos tres trípticos titulados Tres mestres (1920), A loita contra o demo (1925) e Tres poetas da propia vida (1930). A este ciclo cabe vincular outro tríptico, A curación polo espírito (1932). O método empregado nestas triloxías e na serie de «miniaturas»históricas Momentos estelares da humanidade é a crítica psicolóxica de fondo freudiano: Zweig, en efecto, defendeu apaixonadamente as doutrinas de Freud, e durante anos enteiros, de 1926 a 1931, colaborou no Almanaque de psicanálise publicada en Viena. En 1928 achábase en París, onde foi agasallado pola intelectualidade francesa, e solicitado por diversos editores. Nese mesmo ano de 1928...
Regístrate para leer el documento completo.