Nuevo Documento de Microsoft Office Word
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886 e morreu no exilio, en Bos Aires (Arxentina), o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxantee político galego, chegando a ser a figura máisimportante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".
Naceu o 30 de xaneiro de 1886 en Rianxo, sendo o primeiro fillo de Mariano Rodríguez Dios, mariñeiro dedicado a facer velas para barcos e de Joaquina Castelao Gemme.
Aos tres meses do nacemento de Daniel, o pai emigroua Arxentina. A finais de 1895, Daniel emigrou coa súa nai para ir vivir co pai en Bernasconi, na Pampa. Ambos embarcaron, como tantos emigrantes, no porto de Vilagarcía de Arousa. Durante a estadía da familia na Arxentina nacerían as súas únicas irmás: Josefina e Teresa. En 1900 deciden volver para que Castelao estude medicina en Compostela.
De 1900 a 1903, Castelao estudou no Instituto Xeral e Técnico obacharel de Artes e, entre 1903 e 1909, cursou a carreira de Medicina na Facultade da Universidade de Santiago de Compostela.
Durante os seus anos na universidade agroma tamén o seu interese polo debuxo e a pintura.
1918 comeza a traballar como profesor adxunto da cátedra de Debuxo, no instituto de segunda ensinanza de Pontevedra, onde coñece a Antón Losada Diéguez.
En 1916 nacenna Coruña as Irmandades da Fala, da man de Antón Vilar Ponte. Castelao ingresa nas Irmandades xa nese primeiro ano e promoveu a constitución dunha delegación local en Pontevedra, actuando tamén como delegado nas Asambleas Nacionalistas que se celebraron posteriormente.
En 1919 nace o Castelao narrador, coa publicación de catro relatos breves na revista A Nosa Terra. Este estilo literario, tan característico da obra deCastelao, comezou a publicarse como contos pero pronto pasou a constituírse nas Cousas, primeiro formadas só por textos e logo por textos ilustrados por el mesmo e que foron publicándose en distintos medios e, anos despois, agrupados baixo formato libro baixo o título de Cousas.
En 1920, Vicente Risco, Otero Pedrayo e outros fundan a revista Nós, da que Castelao foi Director Artístico. En marzo deseano 1920 inaugúrase na Coruña a súa exposición Nós, con 49 debuxos e un autorretrato; tamén se presentou en Madrid e en Ourense e, xa en 1921 e seguintes, noutras cidades galegas e mais en Barcelona. Esta exposición foi publicada como álbum en 1931.
En 1922 publica a súa obra Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (o seu primeiro relato publicado como libro independente). Publicouna a editorialCéltiga promovida polas Irmandades da Fala de ferrol.
En 1925 publícase o seu libro de debuxos Cincoenta homes por dez res
A finais de 1927 sufriu unha forte recaída da súa cegueira de hai anos que lle fixo perder a retina do ollo dereito e parte da do esquerdo, polo que ten que someterse a un duro tratamento.
O 3 de xaneiro de 1928 morreulle o seu fillo Alfonso Xesús, sen cumprir aínda os 14anos e despois dunha infancia con continuos problemas de saúde, o que o deixa tan abatido que practicamente deixa de escribir e debuxar durante case dous anos.
Castelao xa nunca volvería a Galiza. Ante a sublevación do 18 de xullo de 1936, permaneceu en Madrid. É tamén durante estes primeiros anos da guerra cando publica os seus tres álbums da guerra: Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos.Nos álbums maniféstase a carraxe de Castelao contra o fascismo e a exaltación do heroísmo dos loitadores e dos mártires a prol da liberdade. Castelao sentiu fondamente tódolos acontecementos da Guerra Civil española e maila represión, na que perdeu grandes amizades coma Alexandre Bóveda ademais de dous curmáns, José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao.
O 20 de xullo de 1938 embarca...
Regístrate para leer el documento completo.