Nunha vila inglesa

Páginas: 5 (1098 palabras) Publicado: 28 de abril de 2013











A inesperada fortuna




















Nunha vila inglesa, preto da costa, vivía unha nena de pel morena cuns ollos tremendamente claros, tales que parecían dous espellos.
Traballaba coa súa avoa, Rose, para tan só gañar uns peniques e poder sobrevivir o día a día, independentemente de que vivira con ela toda a súa vida. Hellen tiña xa 22 anos ecada día que pasaba quería ter a súa vida propia. Certo é que añoraba moito aos seus pais, aínda que apenas ten recordos deles xa que desapareceran cando ían de vacacións, no Voo 609 da British European Airways o 6 de febreiro de 1958. A vida de Hellen era moi dura, tiña que madrugar todos os días e cargar con toneladas de peixe de aquí para aló, xa que a súa avoa xa non tiña corpo para tales trotes.O día menos esperado, Hellen sube polas escaleiras para chegar ao seu apartamento, decátase de que algo non vai como debería. Cada paso que da vai máis e máis rápido. Seguía subindo escalóns e na escaleira aínda non se percibía o incrible aroma da cociña de Rose. Chegou á porta por fin. Estaba tan nerviosa, que non era capaz de suxeitar con forza as chaves, nin sequera de manexar o seu corpo.Tan pronto entra pola porta ve a John, o seu entrañable amigo, quen sempre lle anuncia as novas das revistas e dos xornais, e quen sempre que Hellín non adquire os cartos necesarios para mercar o xornal, ten un detalle e llo regala, se é que sobra algún.
John ten un mal aspecto, os seus ollos gritan desesperadamente que é unha situación incómoda. Hellín percibe isto, e chea de curiosidadeprosigue:
-Bos días John... Qué...qué?- Di Hellín incapaz de falar, xesticulando nerviosamente.- Cómo lograches...? Perdoa, pero é que non entendo como lograches entrar... Nin sequera entendo a túa presenza, que eu saiba hoxe merqueiche o xornal...Como de costume. Pásache algo? Estás ben? Queres quedarte a xantar?
-Hellín, reláxate. Temos que falar.- di John.





-Ben... entón, ponte cómodo nasala de estar, vou colocar estas bolsas na cociña e xa veño. De verdade non queres tomar nada?-insiste Hellen. –Eu veño chea de fame.
-Non, o que quero é que apures, se fas o favor.- di John cada vez agachando máis unha mirada perdida.
-Claro- di Hellen con enerxía. –Veño nun chisco...por certo, saberías onde raios anda a miña avoa?-
-Diso viña falar, a túa avoa hoxe tivo un accidente, foi unhatontería...Resvalou cun charco de auga e deuse un forte golpe na cabeza...
A Hellen se lle caeron todas as bolsas de súpeto, incluso púidose percibir a rotura dalgún que outro frasco.
-Como? Pero onde? Está ben? ... Directamente, onde está?-dixo Hellen.
-Está no hospital... a verdade é que non está moi ben. Por iso viñen en busca túa, supuxe que quererías comer algo e logo facerlle unha visita.-Ai deus santo, está ben, collerei calquera cousa e nos vamos en nada.-dixo Hellen cun ton de deseperación extremo.
Colleu un par de linchas de xamón e outro tanto de rebandas de pan, suplementándoo cunha froita e unha botelliña de auga.
-Vamos no meu coche?-pregunta Hellen.
-Está ben.-

Tan pronto chegan ao hospital hai unha enfermeira mulata, cuns ollos moi maquillados e unhas unllas dunvermello paixón que poderían verse a dúas millas daló.
A enfermeira, cunha enorme simpatía lles di: -Queriades algo mozos?
-Sí, quería ver a miña avoa.- di Hellen con preocupación. –Rose Marins se chama-.
-Un momentiño por favor- dixo a enfermeira.
A enfermeira non regresou con bo aspecto. Esperaba boas noticias en cambio.



-E ben? Como vai a cousa?- dixo impaciente Hellen.
-Pois averdade é que… non pudio sobrevivir tal golpe.- dixo a enfermeira cun ton de voz apagado.
Hellen non daba de sí, estaba quieta, mirando para un cartel vermello do tablón de anuncios, mirando as letras ‘SAÚDE’ dunha propaganda. Provablemente non sabía nin que poñía, pero ela non era capaz de facer ningunha outra cousa, non había nada que agora puidese calmala…

A semana seguinte transcurriu lenta...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • VILER
  • Guillermo Vilas
  • lo vil y no lo menospreciado
  • pueblo en vilo
  • Pueblo en vilo
  • El autom vil
  • ENRIQUE VILA
  • garrote vil

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS