Obsolescencia Programada
A economia actual básase nun continuo consumo. Se a poboacion non consume o sistema economico se virá abaixo e fracasará. Polo tanto é necesario un mercado en movemento sen moitas diferenzas entre a oferta e a demanda para evitar así unha superproducción e unha acumulación de stocks. O obcxectivo fundamental non é outro que obter cada vez máis beneficios. Neste intentode manter unha situación de alto consumo surxe o fenómeno denominado “obsolescencia programada”, o motor da nosa sociedade de consumo. Isto resúmese en: comprar, tirar, comprar. Surxiu nos anos vinte cando os productores acordaron acortar a vida dos productos para aumentar así as súas vendas e aínda continúa presente nos nosos tempos. Os felices anos vinte caracterizados por unha producción enmasa e baixos prezos surxiu este fenómeno. A producción era elevada polo tanto, para que o consumo seguira o ritmo alzista da producción os productos debían ser menos duradeiros para non caer nunha superproducción. O resultado foi unha enorme aceleración da economía, que truncouse coa crise de 1929. Como solución illada, aparece o noso tema de estudo da man de Bernard London. Esta proposta consistíaen facer obrigatoria a obsolescencia programada: os productos terían unha data de vencemento e os consumidores veríanse abocados a mercar unha vez rematada a vida do ben. Así compensaríase a continua producción porque sempre habería consumidores. Sen embargo, esta idea non púxose en práctica e pasou inadvertida. Vinte anos despois da profunda recesión, é dicir nos anos cincuenta, a época douradado capitalismo, resurxiu tal fenómeno da obsolescencia programada. O cambio radica en que agora non se obrigaba ao consumidor a mercar fabricando productos de peor calidade se non que este o facía pola súa propia vontade. ¿Como se consegue que se tome dita decisión? Isto é posible seducindo ao consumidor, creando nel os desexo de necesidade de poseer cada vez o máis moderno e novidoso. Esteenfoque norteamericano, que sentou as bases da sociedade actual de consumo, consistía en crear un consumidor insatisfeito que sempre quixera máis e máis. Isto lévanos ao seguinte razoamento que sinala como é posible manter este crecente consumo ilimitado e se amolda totalmente coa actualidade: A sociedade está influenciada pola publicidade. Os individuos están sometidos a unha masiva entrada de anunciospublicitarios. Tódolos dias. Se ben pola televisión, pola radio ou por anuncios na rúa por medio de carteis. Esta propaganda resulta crucial á hora de poñer en práctica este fenómeno. Continuamente estásenos a dicir que todo canto poseemos está pasado de moda ou está quedando obsoleto, facendo así que no consumidor medre a necesidade de ter os productos
considerados “de última”. O mundo damoda cambia cada tempada, polo cal aparecen novas tendencias que a xente acabará adoptando. Pero, ¿por que?. Porque queren poseer o que o continuo bombardeo publicitario pretende que posean e ser así os primeiros que o teñan. A manipulación que se exerce sobre a sociedade é enorme. Outro mecanismo que fai posible esta sociedade de crecemento é o crédito. Os consumidores pasan a endebedarse poloimpulso a consumir productos que non precisan se non que son productos que a sociedade fai creer ao consumidor que necesita. O presente documental expón unha serie de exemplos ao longo da historia da obsolescencia programada. En primeiro lugar cita a creación do primeiro cártel mundial chamado Phoebhus. Este cártel controlaba a producción de bombillas en Europa e Estados Unidos principalmente edirectamente exercía control sobre o consumidor ao poñer en venta bombillas diseñadas cunha vida determinada. Plásmase a obsolescencia programada en que nesos anos patentáronse bombillas de duracións de ata 10.000 horas, sen embargo non se chegaron a comercializar, xa que no mercado estaban vixentes as de 1.000 horas de duración. En segundo lugar, outro exemplo que exerce como fío conductor durante o...
Regístrate para leer el documento completo.