Ollos de auga, Domingo Villar
-Ficha:
Autor: Domingo Villar
Título: Ollos de auga
Editorial: Galaxia
Ano de publicación: 2006
-Tema:
O tema da novela é a investigación dun crime, é dicir, é unha novela policíaca.
-Argumento:
O inspector de policía Leo Caldas, que compaxina o seu traballo coa participación nun programa radiofónico chamado Patrulla nas ondas, comeza ainvestigar un asasinato cometido nun dúplex da illa de Toralla, en Vigo.
A vítima, o saxofonista Lois Reigosa, é atopado espido na súa cama. Tras a autopsia, revélase que o asasino ou asasina inxectoulle formol no pene, causádolle un sufrimento prolongado até a morte. Ademáis, limparan todo o piso de posíbeis pistas, deixando soamente a metade dunha pegada nun vaso de xenebra, e o responsábelfuxira co coche da vítima.
Ante a escaseza de pistas, Leo Caldas decide comezar a investigación visitando a principal empresa produtora de formol da zona, Riofarma, cuxo propietario era amigo persoal seu . Alí, o distribuidor da zona, Isidro Freire, achégalles a Leo e ao seu conflitivo axudante, Rafael Estévez, unha lista cos hospitais compradores do tipo de formol que matara a Lois Reigosa.Tras esta visita, os dous policías asisten ao enterro do morto, durante o cal a Leo Caldas chámalle a atención un señor de pelo extremadamente branco que se mantén apartado do resto dos asistentes. Pronto o perde de vista, pero aproveita a ocasión para concertar unha cita cos músicos membros da banda de Reigosa: Arthur O´Neal e Iria Ledo. Quedan esa noite tras un concerto no pub Grial, e oinspector é informado da homosexualidade de Lois Reigosa, así como das súas habituais visitas a un local de ambiente, o Idílico.
Leo Caldas e Estévez diríxense esa mesma noite ao citado local, onde falan cun DJ chamado Orestes que se mostra asustado cando lle preguntan polo señor de pelo extremadamente branco que asistira ao enterro. Orestes insiste e que ten que volver ao traballo, e quedanen verse o día seguinte pola tarde.
Aproveitando a mañá, os policías comezan as visitas aos hospitais compradores do formol de Riofarma. Nos dous primeiros non teñen moito éxito, xa que a lista de homes con acceso e coñecementos sobre o formol que traballaban neses hospitais é moi extensa. Sen embargo, falando cunha representante da fundación Zuriaga, descobren que un dos médicos, DimasZuriaga, ten o pelo tan branco coma o misterioso home do enterro. Pedíndolle os datos de todos os médicos homes, Caldas marcha co propósito de visitar a ese doutor en concreto
Unha vez chegan á súa luxosa casa, os inspectores entrevístanse co doutor, pero este nega coñecer a Reigosa, e polo tanto tamén ter ido ao seu enterro, afirmando estar enfermo sen saír de casa dende hai varios días.Caldas decide presionalo e afirma ter unha testemuña que pode afirmar que se coñecían, pero o doutor bótaos de malos modos.
Esa mesma tarde, mentres agardan por Orestes nun bar, Leo lembra que ten que asistir ao seu programa radiofónico, e encárgalle a Estévez que vaia a buscar ao DJ, de non aparecer este. No transcurso da retransmisión, o axudante do inspector aparece con novas urxentes:Orestes fora asasinado no seu piso, mentres estaba no baño, por alguén ao cal lle abrira a porta voluntariamente. Investigando no seu apartamento, atopan no ordenador fotos que demostran que existía unha relación amorosa entre Lois Reigosa e Dimas Zuriaga.
Voltan, polo tanto, á casa do doutor, onde a muller de Zuriaga lles comenta a melloría do estado de saúde do seu home, pois tras a visitados policías pola mañá, saíra facer uns recados. Isto fai ao doutor se cabe máis sospeitoso da morte dos dous mozos, polo que pasea con el polo xardín intentando conseguir algunha información. Cando Caldas amosa as fotografías, o doutor confesa ter mantido unha relación amorosa co defunto, e afirma estar sufrindo chantaxe por alguén que ameaza con sacar esas fotos á luz se non paga certas...
Regístrate para leer el documento completo.