Ollos De Auga

Páginas: 11 (2524 palabras) Publicado: 18 de febrero de 2013
1. RESUMO DO ARGUMENTO
A trama desenvolvese en Vigo. Leo Caldas é un inspector da Policía Nacional e traballa co Zaragozano Rafael Estévez. Os acontecementos da novela xiran ao redor da investigación dun asasinato. Un 12 de maio o saxofonista e profesor do conservatorio de Vigo, Lois Reigosa aparece morto no seu dúplex da illa de Toralla, logo de que inxectasen formol no pene. As pistas levanaos policías a sospeitar de Dimas Zuriaga, un afanado doutor e xefe da empresa Riofarma, encargada da distribución de formol polos hospitais. Durante a investigación descobren que o finado era gai e acoden ao Idílico, un pub de ambiente homosexual situado no Areal. Alí falan co picadiscos, un coñecido seu Orestes Rial. Quedan con el para se entrevistaren pero aparece morto no seu apartamento cunhabala na cabeza. Na súa vivenda atopan un computador con fotos comprometedoras entre Zuriaga e Reigosa e deducen que Orestes chantaxeaba o doutor con mostrar as fotos. A pesar de que as investigación apuntaban a que o principal sospeitoso era Zuriaga, trala súa detención Caldas dáse de conta de que había algo que non encaixaba, como supuxo durante todo este tempo. Cando vai visitar a dona dodoutor, Mercedes, finalmente descóbrese que fora ela quen argallara e cometera os dous crimes coa axuda do seu amante Isidro Freire, para evitar que se descubrira que o seu marido era homosexual, e dese modo ter a obrigación de divorciarse del e non poder disfrutar da fortuna dos Zuriaga que era o seu único fin.
2. TEMAS
TEMAS PRINCIPAIS. Os temas principais deste libro son a maldade, a crueldade,a minuciosidade, o esforzo, a falsidade o amor e a complicidade. Destaca a maldade e a crueldade de todas elas, xa que é a maneira na que Mercedes planificou todo. Empezando por querer matar a Lois nada máis que para que o seu marido fose o cárcere e de ese modo poder disfrutar da fortuna co seu amante. No lugar de pegarlle un tiro sen que este tivese dolor decidiu inlxectarlle formol no pene,producíndolle un morte dolorosa “ o rostro espavorecido do home revelaba o sufrimento que padecera” (pax.29). Non dubidou a hora de seguir coa súa lista de asasinatos ata conseguir o que quería. Mercedes estragoulle a vida ao seu propio marido, co que levaba tempo compartindo unha vivenda e era grazas a el, polo que todos os días podía compracer todos os seus caprichos e os que non o eran tamén, xaque era a única fonte de ingresos da casa. Sen embargo o amor tamén triunfaba no corazón de Zuriaga, que estaba desfeito pola morte de Lois e no de Caldas que non olvidaba a Alba a pesares de que seu pai lle insistise pa que non seguise só “non é bo que o home estea só” (pax.162) Estevez, a pesar do seu particular carácter tamén chegou a ilusionarse por Diana, aínda que iso quedou aí e nonavanzou. A complicidade é o éxito do encontro do verdadeiro asasino, a pesar dos seus carácteres sumamente contraditorios Caldas e Estévez traballaron xuntos e unindo as súas conclusións puideron dar coa resposta acertada. O esforzo que non deixou a ninguén exhausto, foi tan triunfante como calquera dos anteriores, xa que os inspectores andaban todo o tempo as carreiras e a penas tiñan tempo para quedarcoas súas familias. Calquera xesto, obxecto ou cousa que parecer insignificativo podía resolver sucesos moi importantes “Os sucesos máis inextricábeis resolvíanse adoito por elementos aparentemente insignificantes”
TEMAS SECUNDARIOS. O pavor, o desacordo, o engano, a envidia.
O pavor que se produce en Leo Caldas ao saber todos os detalles da persoa falecida, xa que coñecer o falecido prodúcelleun estremecemento interno, sen embargo ao non saber nada non se preocupa nin sofre. O descordo que parecía estar coa xente que opinaba que patrulla nas ondas era un dos mellores programas da radio e encontrábanse ledos de coñecer a un dos seus locutores, polo contrario Caldas encontrábase incómodo naquel lugar e non vía a hora de poder marchar de alí. O engano que produciron nun determinado...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Ollos De Auga
  • ollos de auga
  • Ollos de auga
  • Ollos De Auga
  • Resumo Ollos de auga, Domingo Villar
  • Ollos De Auga
  • Ollos de auga
  • Ollos de auga, Domingo Villar

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS