orden 3 oct 2000 DESENVOLVIMIENTO 7 99 CPI

Páginas: 42 (10285 palabras) Publicado: 27 de mayo de 2015
Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se dictan instruccións para o
desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os
centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (D.O.G. do
2 de novembro).

1. A organización e o funcionamento dos centros públicos integrados
axustarase ó disposto no Regulamento orgánico destes centros, aprobado
mediante o Decreto 7/1999, do 7 dexaneiro (DOG do 26) e o que se establece
nestas instruccións.
I.- RÉXIME DE FUNCIONAMENTO
Programación xeral anual
2. O procedemento de elaboración e o contido da programación xeral
anual axustarase ó disposto no Capítulo IV do Título III do Regulamento
orgánico dos centros públicos integrados e o establecido nestas instruccións.
3. A programación xeral anual articularase en varios documentos deacordo co disposto no artigo 73° do Regulamento orgánico. A elaboración dos
distintos documentos farase de xeito gradual en función dos seus contidos. O
director do centro establecerá a secuenciación e temporalización precisa que
garanta o cumprimento dos prazos que se establecen nestas instruccións,
debendo poñer no coñecemento da Inspección Educativa de xeito inmediato
calquera incidencia queimpida o seu cumprimento. A programación xeral do
centro irase completando a medida que sexan elaborados cada un dos
documentos, que se remitirán á Inspección Educativa nos prazos establecidos
nestas instruccións.
4. A Inspección Educativa poñerá en coñecemento do delegado
provincial os incumprimentos que se produzan ó día seguinte de vence-los
prazos establecidos nestas instruccións.
5. Aprogramación xeral anual estructurarase, en función dos prazos
establecidos para a súa elaboración, en catro capítulos nos que se agruparán
os distintos documentos. Ademais como anexo I dela deberá recolle-lo
proxecto educativo e como anexo II o proxecto curricular do centro. No caso de
que os ditos proxectos xa figuraran nunha programación xeral anterior, nos
citados anexos só se recollerán asmodificacións derivadas da súa avaliación
anual. De non se facer modificación ningunha reflectirase tal circunstancia. En
calquera caso deberase facer referencia sempre ó ano no que se incluíu por
primeira vez cada un dos proxectos, así como ós anos nos que se introduciron
sucesivas modificacións.
6. O capítulo I da programación xeral anual, que deberá ser remitido
antes do 30 de setembro, está constituídopor:

Documento n° 1, plan anual.
Documento n° 2, horario xeral do centro.
Documento n° 3, organización de servicios complementarios.
7. O capítulo II da programación xeral anual deberá ser enviado antes do
20 de outubro e constará de:
Documento n° 4, documento de organización do centro, no que se
incluirá como anexo o plan de organización e coordinación das tarefas do
persoal non docente.
Xunto cocapítulo II deberán ser enviados os anexos I e II da
programación xeral anual, que se detallan no punto 5 destas instruccións.
8. O capítulo III da programación xeral anual enviarase antes do 15 de
novembro e estará formado por:
Documento n° 5, programa anual de actividades complementarias e
extraescolares.
Documento n° 6, plan anual de actividades para a potenciación do uso
da lingua galega.Documento n° 7, programa de formación do profesorado no centro.
Documento nº 8, outros programas específicos nos que participe o
centro.
9. O capítulo IV da programación xeral anual recollerá o proxecto de
orzamento do centro e debe ser remitido durante o mes de febreiro.
Documento nº 1: plan anual
10. O plan anual fará referencia ós obxectivos específicos que o centro
se propón conseguir no cursoacadémico, ás medidas que se van desenvolver
para a súa consecución e ós recursos con que conta para levalas a cabo.
Documento n° 2: horario xeral do centro
11. O horario xeral do centro permitirá a realización de tódalas
actividades lectivas e complementarias que se establezan na programación
xeral anual e deberá especifica-lo seguinte:
a) O horario lectivo do centro. É dicir, aquel no que se...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Análisis Comparativo entre la Ordenanza 4-99 y la Ordenanza 4-2000
  • metodo etnografico 7 oct
  • Ordenanza 11 de 2000
  • Cpi Y Los 3 Paises Del Consejo De Seguridad
  • Matrices De Orden 3
  • Nic 7 y nec 3
  • 7 B Sico 3
  • Plan Del 3 Al 7 De Marzo

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS