Organización do corpo humano

Páginas: 8 (1975 palabras) Publicado: 6 de noviembre de 2013
2. A Organización do corpo humano: nutrición, saúde e doenza. A
actividade física
2.1 Niveis de organización do corpo humano
Ao longo do lento proceso da evolución biolóxica, a materia viva organizouse desde os estados
máis simples (chamados niveis abióticos) ata outros máis complexos chamados niveis
bióticos, exclusivos dos seres vivos.
Os seres humanos estamos organizados en niveis decomplexidade crecente ata a categoría
de organismo e cada nivel contén os compoñentes dos niveis precedentes.

Niveis abióticos
Nivel atómico
– Os átomos son as unidades máis sinxelas da materia. Neste nivel inclúense os elementos
químicos que forman parte dos seres vivos, por exemplo: carbono, osíxeno, hidróxeno,
nitróxeno, etc.
Nivel molecular
– As moléculas están formadas pola agrupaciónde átomos; estas poden ser moi simples,
como a auga, H2O, que tamén forman parte da materia inerte, ou moléculas moi complexas
propias dos seres vivos: proteínas, vitaminas, ácidos nucleicos,etc.
– A este nivel tamén pertencen os orgánulos celulares como as mitocondrias.

Niveis bióticos
Nivel celular
– A célula é a unidade vital dos seres vivos.
Nivel organismo ou pluricelular
– Ascélulas asócianse para realizaren un traballo determinado e forman os tecidos: epitelial,
muscular, nervioso,etc.
– Os tecidos agrúpanse en órganos con funcións específicas, por exemplo: corazón, riles,
ovarios, pulmóns, etc.
– Un grupo de órganos que cooperan para exercer unha función vital forma un aparello ou
sistema: dixestivo, excretor, locomotor, etc.
– Aparellos e sistemas colaboran encoordinación perfecta, e conforman o funcionamento do
corpo humano.

2.1.1 Os tecidos humanos
Os tecidos son agrupacións de células do mesmo tipo con capacidade para realizar unha
función nova, que cada unha delas non podería realizar por separado. Os tecidos clasifícanse
segundo a súa función nos seguintes tipos:

Tecido epitelial
Caracterízase por ter as células estreitamente unidas. Estetecido pode ser de revestimento
e glandular.
❏ Revestimento. Recobre e protexe toda a superficie corporal, e os órganos e as
cavidades internas do corpo: pel, vías respiratorias, vasos sanguíneos, etc.
❏ Glandular. Ten a función de secreción de substancias. Forma tres tipos de glándulas:
– Glándulas endocrinas: as substancias que producen son as hormonas, e vértense
directamente ao sangue.– Glándulas exocrinas: Liberan os seus produtos ao exterior do corpo (como as
glándulas sudoríparas e sebáceas da pel) ou ao interior do tubo dixestivo como as
glándulas gástricas, glándulas salivares e fígado.
– Glándulas mixtas: Liberan substancias tanto ao sangue como ao tubo dixestivo. É o
caso do páncreas, que libera a hormona insulina ao sangue e o zume pancreático ao
intestino. Tecido conectivo
Sostén e comunica uns tecidos con outros. Subdivídese nos seguintes:
● Conxuntivo. Forma estruturas como os tendóns.
● Adiposo. Almacena substancias enerxéticas (en forma de graxas).
● Cartilaxinoso. Constitúe a cartilaxe, que ten unha función de tipo esquelética pero con
grande flexibilidade; atópase nas vías respiratorias, articulacións, etc.
● Óseo. Principal compoñente dosósos, ten como función soster o corpo, darlle forma,
protexer os órganos internos e colaborar cos movementos.
● Sanguíneo. Tecido moi especializado, cunha substancia intercelular líquida chamada
plasma, e con compostos celulares: glóbulos brancos, glóbulos vermellos e plaquetas.
O sangue ten como función o transporte de substancias, defensa do organismo, control
de hemorraxias e a distribuciónda calor corporal.
Tecido muscular
Está especializado na contracción e, como consecuencia, no movemento. Conforma tanto
a estrutura dos músculos (músculo estriado) como as paredes dos órganos internos (músculo
liso) e o corazón (músculo cardíaco).
Tecido nervioso
Está formado por células especializadas (neuronas) en dar ordes e coordinar o funcionamento
de todos os órganos.

2.1.2 Os...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • memoria do corpo
  • Elemento Humano DO
  • aparellos do corpo e as suas funcións
  • Frecuencias En El O Do Humano
  • Organización Del Cuerpo Humano
  • La organización del cuerpo humano
  • Organizacion y las relaciones humanas
  • Impacto del Factor Humano en la organizacion

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS