OS DOUS DE SEMPRE
-Alfonso R. Castelao
Tamara Balsa Caíño, 2º C
Biografía do autor -
Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao é unha das figuras máis relevantes da Historia da Galiza do século XX. Nado en 1886 en Rianxo, A Coruña, iniciou os seus estudos en Menciña tras rematar o bacharelato, etapa na que atopamos a un autor en plena xuventude, participando nalgúns episodios teatrais, pintandocaricaturas e asistindo a distintas tertulias nos cafés.
Comeza a traballar como médico rural, introducíndose levemente na política. Aínda así, a súa profesión médica non conseguiu satisfacelo e finalmente abandonouna e comeza a súa dedicación ás artes plásticas como profesor de debuxo no Instituto da cidade. Aquí, é xa un artista recoñecido en canto ó campo das artes plásticas a través deexposicións e de conferencias, elaborando diferentes obras expositivas como “Arte e Galeguismo” e “Diarios da Arte”.
A partir deste momento, a dedicación ás artes plásticas facilitou a súa entrada a literatura a través de obras como “Cousas da vida”, “Cousas”, “Os dous de sempre” ou “Retrincos” . As súas circunstancias persoais (entre as que se encontran a morte do seu fillo e o agravamento da súadoenza ocular) fixeron que marchara cara a Bretaña, onde comeza a escribir “As cruces da pedra na Bretaña”, publicada en 1930.
A súa faceta política consolídase coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista xa que leva a cabo diferentes accións tendo como maior relevancia numerosos mitins por todo o país nos que defende a unificación e a consolidación do nacionalismo galego. Porén, édesterrado en 1934 a Badaxoz, onde comeza a redactar “Sempre en Galiza”. Finalmente regresa a Galicia, na etapa de maior compromiso patriótico do autor, todo reflectido nos álbums de guerra (“Galiza Mártir”, “Atila en Galiza”, “Milicianos”), de grande difusión internacional.
Como símbolo do nacionalismo galego, desenvolveu unha actividade continua no exilio. Tras unha etapa de grande expectativaentrou nun período de enorme desencanto que non superaría ata anos despois. En 1949 detectóuselle un cancro de pulmón que o afastou de calquera actividade pública e, en 1950, ano no que se disolve o Partido Galeguista, falece en Bos Aires.
Tempo externo da obra -
Esta novela, a única do escritor rianxeiro, apareceu por primeira vez en 1934 cando o autor contaba ós 48 anos de idade. Pero é dendeque a editorial Galaxia (tras a etapa máis dura da posguerra) deu a coñecer a súa segunda edición en 1967 cando se converte nun dos libros máis con máis éxito da literatura da época, facendo del unha das obras de máis difusión de toda a historia da literatura galega. A obra está dividida en 44 capítulos, acompañados cada un deles dunha ilustración elaborada polo propio autor.
Espazo da obra –
Aacción comeza nunha pequena vila mariñeira nun ambiente tipicamente rural e aldeán para logo irse desenvolvendo en diferentes lugares entre os que se encontran os reflectidos durante o transcurso do viaxe de Rañolas (a Pampa arxentina ou París).
Personaxes –
A obra plantéxase dende a perspectiva de dous personaxes principais: Pedriño e Rañolas, percorrendo os seus procesos vitais dende a infanciaata a madurez con dúas vidas completamente contrapostas e distintas, que seguen diferentes camiños ó longo da súa vida para reencontrarse ao final da novela. Como xa dixemos, os protagonistas son Pedriño e Rañolas, quen, eivado das pernas é un rapaz moi activo que intenta superar os problemas e obstáculos da súa vida diaria. Por outra banda, Pedriño, é un lacazán e lambón. Vive coa súa tía e é oirmán máis vello dunha numerosa familia. O seu obxectivo na vida está, máis ben, sen declarar. Outros personaxes secundarios da obra son, por exemplo, o cacique don Andrés, amigo da tía Ádega o cal lle fai varios favores; a vella tía Ádega; dona Filomena, a sogra de Pedriño e coa que non mantén unha boa relación; o doutor Lourenzo; o curmán de Pedriño, Manoel; don Honorio ou Barrote e Xarda, os...
Regístrate para leer el documento completo.