Os Fusilamentos Da Moncloa

Páginas: 5 (1181 palabras) Publicado: 19 de mayo de 2012
4.2.1. Catalogación
Título: Os fusilamentos da Moncloa
Cronoloxía: 1814
Técnica: óleo sobre lenzo; 2.68 x 3.47 m.
Estilo: precursor do romanticismo.
Museo do Prado, Madrid
A pintura española no panorama xeral da segunda metade do XVIII, á marxe
das aportacións estranxeiras, se inscribe nunha tendencia renovadora, á
que serve unha literatura artística que impulsa correntes e propostasdistintas.
Desde 1715 a chegada de artistas estranxeiros desacelerara as convencións
representativas inaugurando así un novo código de imaxes evocadas e
elaboradas desde unha serie de referencias de matiz máis internacionalista.
Durante o reinado de Carlos III a pintura se desenvolve con interpretacións de
valor distinto. Hai alternancias, diverxencias e interferencias porque coinciden
mestrestan diferentes como Mengs, Tiépolo e Goya. A actividade pictórica
anterior, coas súas cualidades dinámicas e definidoras do decorativismo
barroco, será un modo de representación que alcanza en Mengs e Tiépolo alta
estima. É un movemento no que se sustenta a obra dos Bayeu, pretos de
Mengs e do barroco napolitano representado por Corrado Giaquinto. Maella
pertence tamén a ese círculo. Próximo ófrancés se mantén Luís Meléndez e
Luís Paret, cuxa obra se desenvolve entre as correntes do Rococó e o
Neoclasicismo.
E é neste contexto artístico onde aparece a figura excepcional de Francisco de
Goya, pintor que ocupa un posto indiscutible entre os autores de primeira fila
da Europa dese tempo pero que tamén debe ser considerado como o auténtico
precursor da pintura moderna, tanto na súavertente impresionista de cuño
francés coma na expresionista de raíz nórdica.



4.2.2. Análise e comentario
Trátase do documento dun feito histórico, os fusilamentos de patriotas na montaña do Príncipe Pío na noite do 2 ao 3 de maio de 1.808. Diante dun pelotón de execución de
soldados franceses, un grupo de patriotas enfróntase coa morte.
Ten unha composición equilibrada na que hai dousgrupos enfrontados e contrapostos, o dos fusilados desordenado,
tremendamente expresivo e o dos soldados en perfecta formación,
e entre eles a columna de presos que se perde ao lonxe. Na
disposición das figuras contrasta o pelotón de execución, que forma
un bloque coas bayonetas caladas, e os xestos patéticos das
vítimas. Este contraste contribúe a crear a idea de violencia, a forzadramática que posúe o cadro.
A composición posúe unha profundidade lograda con
dúas liñas diagonais, a da montaña do Príncipe Pío co grupo de civís
e a do pelotón de fusilamento. As liñas ondulantes de brazos e
sabres e as horizontais dos fusís dan á escena un intenso
dramatismo. Goya compuxo este lenzo de modo que o espectador
case se vise obrigado a contemplar a escena desde a posición dossoldados, para así captar a angustia e o medo do que vai ser
executado.
Organización do conxunto e expresion. Destacamos dous grupos:
1. O pobo de Madrid: as vítimas forman tres grupos
definidos, os mortos, os que van ser fusilados e os que
están á espera de ser fusilados. Os grupos van de dereita
a esquerda, o que introduce un elemento de transcursodo tempo na composición. Nestes homesenfrontados a un pelotón de execución Goya plasma a reacción
individualizada ante a morte inmediata: o cadáver de
primeiro termo, de bruzos nun charco de sangue e cos
brazos estendidos. O frade, axeonllado, aperta as mans
en actitude suplicante, xusto encima deste, un rostro cos
ollos totalmente abertos mira cara arriba, detrás, outro
cos puños pechados tápase as orellas, coma se non
quixese oír adescarga, outro, ao fondo, tápase a cara
non querendo ver aos verdugos. Un home, que vai ser
fusilado, ocupa o centro da composición, destaca pola
súa camisa branca e pantalón amarelo, fronte aos seus
compañeiros de traxes pardos, eleva os brazos
recordando a un crucificado, alza a cabeza con mirada
desorbitada e parece increpar aos seus executores. A
columna de presos prolóngase ata a...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • El 3 de mayo" o "los fusilamentos de la moncloa
  • afussellaments de la Moncloa
  • Los pactos de la moncloa
  • da
  • Da O
  • DA
  • DA
  • da

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS