os materiais para 2 de primaria

Páginas: 21 (5047 palabras) Publicado: 31 de enero de 2014
UNIDADE DIDÁCTICA:

OS MATERIAIS










Índice



1. INTRODUCIÓN
O presente documento é unha proposta didáctica
A nosa proposta didáctica está relacionada co tema dos diferentes materiais do noso entorno. Centrarémonos na súa orixe, propiedades (cor, dureza, flexibilidade, flotabilidade) e utilidade, así como a súa análise e clasificación.
O centro no que se vai levara cabo é imaxinario e situarémolo nunha poboación do medio rural, que posúe recursos como: un museo etnográfico, biblioteca e pavillón municipais, un centro sociocultural ondea topamos unha aula con ordenadores e conexión a internet e onde se ofertan actividades e cursos de xeito gratuíto.
Ao tratarse do medio rural contamos cun amplo habano de recursos naturais como zonas verdes e un pequenorío.
A escola imparte unicamente o segundo ciclo de de Ed. Infantil e toda a etapa de Ed. Primaria, polo que estamos a falar dun CEIP público con xornada partida con horario de 9.45 h a 13.45 h e 15.30 h a 17.30 h. Así temos un centro de liña 1 con 140 alumnos e alumnas distribuídos do seguinte xeito: en Ed. Infantil temos 9 nenos nunha aula de 3 anos, 11 noutra de 4 anos e 12 na aula de 5 anos;en Ed. Primaria contamos con 15 alumnos en 1º curso, 18 en 2º, 14 en 3º, 19 en 5º e 22 en 6º.
O centro dispón de transporte escolar, comedor, biblioteca con material audiovisual a maiores dos recursos básicos, aula de informática, aula de música e dous patios, un cuberto e outro non. A escola conta co apoio do concello que lle cede o uso do pavillón municipal dispoñible en horario lectivo esituado anexo ao recinto escolar cun acceso directo dende o propio colexio.
A aula na que se vai desenvolver esta unidade didáctica pertence ao 2º curso do 1º ciclo de Ed. Primaria. Contamos con 8 alumnos e 10 alumnas dos cales dous teñen dificultades de aprendizaxe e que asisten habitualmente ás clases de reforzo. Dentro da aula contamos con dicionarios, e unha biblioteca de aula, colgadoiros,encerado, estantes para colocar o material, etc.
En canto ás características socioculturais das familias, podemos dicir que se trata de persoas cun nivel económico medio e as principais actividades que desenvolven son relacionadas co sector primario. Normalmente viven en vivendas unifamiliares, na maioría cos avós e utilizan a lingua galega xa que é no 90% dos casos a lingua materna.
Por últimocomentar as ideas previas que pensamos que nos poderiamos atopar neste caso:
algúns nenos poden pensar, que os materiais, son cousas, obxectos fabricados polo home, é dicir, é posible que non relacionen os materiais coa natureza. Deste xeito tamén pode ser que pensen que os obxectos, as manufacturas só se poden facer en fábricas, isto poderiámolo resolver creando algún obxecto sinxelo na aula.Tamén é posible que unha vez que saiban que as materias primas veñen da terra, relacionen tódolos materiais con ela, o cal teremos que corrixir clasificando os materiais en naturais e artificiais. É posible que pensen que cada material ten unha propiedade soamente ou que o vidro non ten cor en ningún caso. Entre outras moitas cousas posiblemente os nosos alumnos crerán que os materiais de refugallo quebotamos nos colectores de reciclaxe se tiran, ou que se limpan e se volven a utilizar, neste caso teremos que deixar claro que estes materiais se tratan de xeito que con eles se poden fabricar novos obxectos.

2. COMPETENCIAS BÁSICAS
2.1 Competencia en comunicación lingüística.
Esta competencia refírese á utilización da linguaxe como instrumento de comunicación oral e escrita, derepresentación, interpretación e comprensión da realidade, de construción e comunicación do coñecemento e de organización e autorregulación do pensamento, das emocións e da conduta. Os coñecementos, destrezas e actitudes propios desta competencia permiten expresar pensamentos, emocións, vivencias e opinións, así como dialogar, formar un xuízo crítico e ético, xerar ideas, estruturar o coñecemento, dar...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Libros De La Biblioteca Del Aula Para 1° Y 2|° De Primaria
  • Repaso para 2 primaria ciencias naturales
  • Examen Diferenciado Para Niña De 2° De Primaria
  • Actividades para 2° primaria
  • Secuencia Didactica Para 2° De Primaria
  • Trabajos Para 2 Grado De Primaria
  • Competencias Para 2 Grado De Primaria
  • La danza como un apoyo para el desarrollo integral en niños de 1° y 2° de primaria

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS