OS TECIDOS ANIMAIS

Páginas: 6 (1298 palabras) Publicado: 14 de junio de 2015
OS TECIDOS
TECIDOS ANIMAIS
1º Bacharelato A

1

TECIDOS ANIMAIS


Excepto animais moi sinxelos, como as esponxas, os demais presentan
verdadeiros tecidos, que se clasifican en: epiteliais, conectivos,
musculares e nerviosos.




TECIDOS EPITELIAIS: de revestimento e glandulares
TECIDOS CONECTIVOS: conxuntivo, adiposo, cartilaxinoso,
óseo e sanguíneo
TECIDOS MUSCULARES: estriado esquelético,estriado
cardíaco e liso
TECIDO NERVIOSO: neuronas e neuroglía




2

TECIDOS EPITELIAIS




Están formados por células planas, cúbicas ou cilíndricas, pouco
modificadas e que se renovan frecuentemente. Dispóñense moi xuntas, sen
deixar espazos intercelulares. Segundo a función, poden ser de
revestimento ou glandulares:
EPITELIOS DE REVESTIMENTO: recobren a superficie externa do corpo e
ascavidades dos órganos ocos, apoiándose sobre a membrana basal
(tecido conxuntivo). Carecen de vasos sanguíneos e nútrense por difusión
dende o conxuntivo. Poden ser monoestratificados ou pluriestratificados.

o Epitelios monoestratificados: formados por unha soa capa de células e
en función da forma destas se denomina:
-Plano: como o endotelio que tapiza os vasos sanguíneos
-Cúbico: como o que tapizaos ovarios
-Cilíndrico: recobre a luz do intestino delgado (absorción de nutrientes). As
células presentan microvilosidades (aumentan a superficie de absorción)
3

EPITELIOS DE REVESTIMENTO
MONOESTRATIFICADOS

4

EPITELIOS DE REVESTIMENTO
PLURIESTRATIFICADOS
o Epitelios pluriestratificados: formados por dúas ou máis capas de células.
-Plano: as células superficiais son planas. Nalgúns casos ascélulas das capas
superiores queratinízanse e morren, como na epiderme.

-Cúbico: aparece nalgúns condutos, como nas glándulas mamarias.
5

EPITELIOS GLANDULARES


As células están especializadas na secreción de substancias. Forman parte
das glándulas, que poden ser de tres tipos:
o Exócrinas: teñen un conduto secretor e verten o produto ao exterior, como
as sudoríparas.
o Endócrinas: verten osprodutos que elaboran directamente ao sangue,
como a tiroides.
o Mixtas: teñen unha parte exócrina e outra endócrina, como o páncreas.
Glándula exócrina:
PS: porción secretora
PE: porción excretora

6

TECIDOS CONECTIVOS


Os tecidos conectivos son os máis abundantes no organismo. A súa función é nutrir,
soster e protexer aos demais tecidos. Están formados por varios tipos de células
poucoespecializadas e dispersas nunha matriz extracelular. Existen cinco tipos de
tecidos conectivos: conxuntivo, adiposo, cartilaxinoso, óseo e sanguíneo.

o TECIDO CONXUNTIVO: moi rico en vasos sanguíneos e nervios.
-Células: principalmente fibroblastos (sintetizan a matriz), e tamén adipocitos
(almacenan graxa) e glóbulos brancos: macrófagos (fagocitan partículas estrañas) e
linfocitos (producenanticorpos)
-Matriz extracelular: formada por fibras coláxenas (resistencia á tracción) elásticas e
reticulares e por unha substancia glicoproteica semilíquida.

7

TECIDOS CONECTIVOS


TECIDO ADIPOSO: sitúase baixo a pel formando o panículo adiposo.
Constitúe a maior reserva enerxética do corpo, proporciona illamento
térmico e forma almofadas amortecedoras nas mans e pés e arredor de
certos órganos,como sistema de protección.
-Células: son os adipocitos, grandes, esféricas e co citoplasma cheo de
pingas de graxa.

8

TECIDOS CONECTIVOS





TECIDO CARTILAXINOSO: forma a cartilaxe, que forma parte do
esqueleto, recobre as superficies articulares e intervén no crecemento dos
ósos.
Carece de vasos sanguíneos e de terminacións nerviosas.
Está rodeado por tecido conxuntivo que o nutre, opericondrio formado por
células que segregan a matriz, os condroblastos, que rematan
diferenciándose en condrocitos.

-Células: son os condrocitos, que se atopan nunhas lagoas que conteñen un
número reducido de células (de unha a oito)
-Matriz extracelular: é sólida e elástica, formada por fibras coláxenas e
elásticas.

9

TECIDOS CONECTIVOS


TECIDO ÓSEO: os ósos teñen varias funcións: soporte,...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Animais I3
  • tec
  • TEC
  • Que Es Un TEC
  • TEC
  • Teca
  • Tec
  • Teca

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS