Owned

Páginas: 5 (1108 palabras) Publicado: 25 de octubre de 2014
1.- As comunidades e a linguaxe
Os seres humanos somos animais socias polo que vivimos en comunidades. As comunidades poden ser de diferentes formas e tamaños segundo os distintos grupos de persoas e o punto de vista desde o que as consideremos. Unha persoa pertence a varias comunidades á vez, por exemplo, a familia é una comunidade e, á vez : o pai e a nai de esa familia pertencen a outracomunidade cos compañeiros dos seus respectivos traballos , os nenos forman parte da comunidade do colexio e ,ao mesmo tempo, forman parte da comunidade do barrio ou aldea onde viven .Os animais aínda que non son seres humanos, tamén forman comunidades, pero menos complexas.
Os animais teñen a necesidade de comunicarse cos individuos cos que forman comunidades. Os animais interactúan entre eles demaneira mais simple mediante xestos, berros, etc . Os seres humanos utilizamos un medio para comunicarnos moito mas sofisticado, a linguaxe. A linguaxe é imprescindible para as comunidades humanas dado que é necesario para poder vivir no mundo tan complicado que creamos.
2.- A linguaxe humana: O signo lingüístico
A linguaxe humana sirve para transmitir a nosa comunidade as emocións,sentimentos, etc .Os elementos que participan en transmitilos son:
-Comunicación: transmisión do que sucede nas nosas mentes ás mentes dos outros.
-Información: o transmitido.
-Linguaxe: o medio.
A linguaxe adoita facer esta transmisión por medio sonoro (determinadas combinacións de sons producidos coa boca que transmiten os pensamentos), trazos pintados nun soporte ( papel, madeira,etc), .... .
Aspersoas xordas adoitan un medio exclusivamente visual, pero as persoas que oímos tamén usamos xestos (recurso paralingüístico), que acompañan a linguaxe humana para expresarnos dun xeito mais completo. A diferencia dos acenos, o transmitido na linguaxe humana consta de tres elementos:
-Significado: Conxunto de pensamentos que queremos transmitir.
-Significante: O xeito que empreñamos parafacelo.
-Signo: Unión de un significado e un significante.
Pero para que isto funcione correctamente o máis importante é que o significante ten que ser perceptible polos sentidos e que o seu significado sexa coñecido polo resto de membros da comunidade.Se os significantes non cumpren estes requisitos, non transmiten información e non se produce a comunicación.
3.- Características da linguaxe humanaA linguaxe humana é unha ferramenta moi poderosa. Entre as súas características compre destacar:
A arbitrariedade
Dise que a linguaxe é arbitraria porque a relación entre o significado e o significante establécese por convención social e non natural. Este feito permite que a lingua varíe entre comunidades .
A mesma arbitrariedade existe coas regras para combinar os signos, por exemplo, nogalego colocamos o suxeito seguido do verbo e os complementos mentres que no latín faise ao revés.
A creatividade
Denominamos vocabulario ó conxunto de palabras de una lingua, e este é sempre ampliable, xa que vai aumentando co tempo ao engadirlle novas palabras para designar novas entidades.
Sempre que sexa preciso, podemos expandir un enunciado engadíndolle novos elementos. O único límite áexpansión dun enunciado é a memoria humana e a capacidade para producírmolo ou entendérmolo.
A linguaxe é creativa, pois, sempre nos proporciona medios para crearmos enunciados cos que expresar calquera pensamento.
A economía
Con poucos símbolos e regras para combinalos, podemos expresar todo o que desexemos. Isto é porque o carácter articulado da linguaxe faino económico e doado de utilizar. Denon ser así, a linguaxe debería ter unha forma para cada significado. Os procesos de formación de palabras tamén fan a linguaxe máis económica.
A gramática
A linguaxe conta cun conxunto de regras denominado gramática, que os falantes usan para combinar palabras e morfemas. Grazas á gramática crean e interpretan enunciados ou palabras novas. Todas as linguaxes teñen a súa gramática, pero é...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • bob owned
  • Fam Owned Business
  • Resumen De Family Owned Business

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS