PAAU 2002 Galicia

Páginas: 13 (3192 palabras) Publicado: 4 de febrero de 2014
09

COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico)
OPCIÓN 1
Os documentos seguintes, ós que debes referirte na túa exposición, tratan sobre a Guerra Civil. Iniciada coa sublevación
de xullo de 1936, o conflicto será presentado en térmos ideolóxicos como unha loita antifascista (Doc. 1) ou
anticomunista (Docs. 2 e 7), segundo o bando de que se trate. A impotencia do Comité de Non Intervenciónfixo que
a participación estranxeira (Doc. 2) fose esencial no desenvolvemento do conflicto. A evolución política das dúas
zonas foi distinta: mentres as disensións e a división foron permanentes entre as forzas republicanas (Docs. 3, 4 e 5),
na España “nacional” instaurouse un réxime de partido único (Doc. 6), concentrándose os poderes na persoa de
Franco, a quen a victoria na guerra (Doc.7) permitiralle perpetuarse no poder.

Doc. 1.-Dolores Ibarruri, Pasionaria, chama á resistencia no seu discurso do 19 de xullo de 1936:
“Traballadores, antifascistas, pobo laborioso: todos en pé defender a República, as liberdades populares
e as conquistas democráticas do pobo (...). Todo o país vibra de emoción ante eses desalmados que queren
polo fogo e o terror sumir á España democrática epopular nun inferno (...). Pero non pasarán; España
enteira está en pé de loita (...). ¡Viva a Fronte Popular! ¡Viva a unión de tódolos antifascistas! ¡Viva a
República do pobo!”.
Doc. 2.-Galeazzo Ciano, ministro italiano de Asuntos Exteriores, informa así da situación en España:
“En España xa se formaron dúas frontes. Cunha están alemáns e italianos; con outra franceses,
belgas e rusos. ODuce está de acordo con Hitler en opinar que a determinación das dúas frontes é xa un
feito consumado. Italia apoiou e segue a apoiar ós españois sen condicións (...). A nosa acción en España é
unha proba efectiva da nosa participación na loita antibolxevique”.
Doc. 3.-Boletín informativo da CNT-FAI, xaneiro de 1937:
“Que quede ben entendido que non estamos a loitar pola República democrática.Estamos a loitar
polo triunfo da revolución proletaria. A revolución e a guerra son inseparables. Todo o que se diga en sentido
contrario é contrarrevolución reformista”.
Doc. 4.-Postura defendida en Mundo Obrero, órgano de expresión do PCE, marzo de 1937:
“¿De que nos acusan os camaradas da CNT? Segundo eles, afastámonos do camiño do marxismo
revolucionario. ¿Por qué? Porque defendemos aRepública democrática (...). Unha República democrática
e parlamentaria dun contido social como non existiu endexamais”.
Doc. 5.-Discurso de Largo Caballero, presidente do Goberno e secretario xeral da UGT:
“Primeiro debemos gañar a guerra e despois xa poderemos falar de revolución”.
Doc. 6.-O 20 de abril de 1937, Francisco Franco, Xefe do Estado e Xeneralísimo das forzas nacionais
asina oDecreto de Unificación:
“Art. 1. Falange Española e Requetés, cos seus actuais servicios e elementos, intégranse, baixo a
Miña Xefatura, nunha soa entidade política de carácter nacional que, de momento, se denominará Falange
Tradicionalista y de las JONS.
Esta organización, intermedia entre a Sociedade e o Estado, ten a misión principal de comunicar ó
Estado o alento do pobo e de levar a este opensamento de aquel a través das virtudes político-morais, de
servicio, xerarquía e irmandade (...).
Quedan disoltas as demais organizacións e partidos políticos”.
Doc. 7.-Último parte de guerra:
“No día de hoxe, cativo e desarmado o exército roxo, acadaron as tropas nacionais os seus últimos
obxectivos militares. A guerra rematou.
Francisco Franco. Burgos, 1-IV-1939. Ano da Victoria”.

09COMPOSICIÓN DE TEXTO (tema de tipo histórico)
OPCIÓN 2
Os documentos seguintes deben permitirche elaborar un texto que teña por asunto central a vida política durante o reinado
de Isabel II. Enfrontado desde os seus inicios á pretensión carlista (Doc. 1), os principais protagonistas do xogo político
foron os progresistas (Doc. 2) e os moderados (Doc. 3), con claro predominio dos segundos....
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Dictadura primo de rivera (paau galicia)
  • Tema 12 (paau galicia) la narrativa hispanoamericana
  • Galicia
  • Galicia
  • galicia
  • GALICIA
  • Galicia
  • Galicia

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS