Paau2006 Bioloxia
BIOLOXÍA
Pregunta Obrigatoria. Todos os alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria.
Valoración: 2,5 puntos.
A) Fai unha representación esquemática da estrutura da membrana plasmática segundo o modelo do mosaico fluído,
poñendo nome a todos os compoñentes. B) Explica os distintos mecanismos de transporte a través da membrana
plasmática. C) Di brevemente que entendespor endocitose e exocitose.
Bloque I. Das 5 cuestións responde só a 3. Valoración: 4,5 puntos (1,5 puntos por cuestión).
I.1. Na célula eucariota relaciona o retículo endoplasmático rugoso, aparato de Golgi, vesículas de secreción e
lisosomas. Explica a función que realiza cada un deles.
I.2. a) Indica as fases do ciclo celular e explica qué ocorre en cada unha delas. b) Fai unha representacióngráfica
do mesmo.
I.3. Define antíxeno e anticorpo. Explica as diferenzas que hai entre reposta inmunitaria humoral e celular.
I.4. a) Cita tres funcións principais que desempeñan os lípidos nos organismos vivos. b) Que diferenza hai entre un
lípido saponificable e outro non saponificable?. c) Que diferenza hai entre un ácido graxo saturado e outro non
saturado?.
I.5. Crúzase unha planta dechícharo dunha liña pura de sementes amarelas e lisas con outra liña pura de sementes
verdes e rugosas. Se a cor amarela é dominante sobre a verde e a textura lisa é dominante sobre a rugosa, indica: a)
como son os xenotipos paternos; b) como será fenotípica e xenotipicamente a 1ª xeración filial (F1)?; c) as clases de
gametos que se poden formar se se cruzan dous individuos da F1.
Bloque II. Dos dousgrupos de termos elixe un e agrupa de tres en tres, mediante unha frase, os termos
relacionados. Valoración 1,5 puntos (0,3 puntos por frase correcta)
II.1. Cloroplasto, maduración, lactosa, linfocitos T, alerxia, parede celular, tilacoides, hipersensibilidade, timo,
sacarosa, vexetal, celulosa, antíxeno, disacáridos, grana.
II.2. Dictiosomas, glucóxeno, proteínas, cadeas de ADN, membrana,antiparalelas, cisternas, tilacoides, polímeros,
fotosistemas, aminoácidos, polisacárido, vesículas, reserva, complementarias.
Bloque III. Das 20 preguntas de Verdadeiro/Falso hai que responder só a 15. As respostas erróneas puntúan
negativamente. Valoración: 1,5 puntos. Non escribas as respostas nesta folla.
1. Os ribosomas son os orgánulos formados por proteínas e ADN.
2. Carbono simétrico é aquel queten as súas catro valencias unidas a radicais diferentes.
3. O código xenético é dexenerado porque un mesmo triplete codifica a varios aminoácidos.
4. A transcrición do ADN é o proceso mediante o que o ADN forma copias exactas de si mesmo.
5. Os centriolos son orgánulos cilíndricos característicos das células vexetais.
6. Centro activo é o lugar do substrato por onde se une ó enzima.
7. Nunmicroscopio, o condensador amplifica a imaxe.
8. A fase luminosa da fotosíntese consiste basicamente na transformación da enerxía química en luminosa.
9. Os cromosomas só son visibles como tales durante a interfase.
10. Os prións son partículas proteicas causantes de encefalopatías esponxiformes.
11. Nas células vexetais a parede celular localízase interiormente á membrana plasmática.
12. Centriolos,cilios e flaxelos están formados por microfilamentos.
13. Os ribosomas atópanse tanto en procariotas como en eucariotas.
14. A través dos poros nucleares pasan moléculas de ARN do citoplasma ó núcleo.
15. As bacterias autótrofas nútrense exclusivamente de materia inorgánica.
16. O número de cromosomas dunha bacteria é sempre par.
17. Os cloroplastos son orgánulos rodeados por unha dobre membranacun espazo intermembrana.
18. A parede bacteriana está formada por celulosa.
19. A fase escura da fotosíntese realízase no estroma dos cloroplastos.
20. A insulina é unha proteína con función hormonal.
89
24
BIOLOXÍA
Pregunta Obrigatoria. Todos os alumnos deben responder a esta pregunta aínda que non é eliminatoria.
Valoración: 2,5 puntos.
A) Indica e explica cales son os distintos niveis...
Regístrate para leer el documento completo.