Paradise Lost, John Milton

Páginas: 5 (1034 palabras) Publicado: 12 de julio de 2011
1. Título completo da obra e data de publicación
Paradise Lost é un poema épico que foi orixinalmente publicado no 1667. Unha segunda edición foi en 1674.

2. Nome do autor, lugar de nacemento ou de actividade e cronoloxía básica (nacemento / morte)
John Milton, nado en Londres o 9 de decembro de 1608 e falecido en Bunhill, Londres, o 8 de novembro de 1674.

3. Breve descrición da etapaliteraria en que se inscribe
A obra de John Milton atópase na literatura da Restauración, a cal recibe este nome por corresponder ó período coñecido como a Restauración inglesa (1660-1689). O termo fai referencia a unha serie de obras, cun estilo relativamente homoxéneo, que se centra na celebración o rexeitamento cara a restaurada corte de Carlos II. Engloba obras tan opostas como poden serParadise Lost de John Milton ao lado de Sodoma de John Wilmot , ou ben, a comedia de William Wycherley, La esposa del campo, ao lado da obra de John Bunyan, El progreso del peregrino.
Así mesmo, esta época de grande efervescencia cultural, foi tamén a da creación da Royal Society, dos experimentos e meditacións de Robert Boyle e a dos ataques contra o teatro por parte do bispo Jeremy Collier. Aprensa escrita comeza a xeneralizarse, mentres que o ensaio e a crónica se converten en formas literarias de expansión.
Os límites cronolóxicos deste período non son máis que unha convención e poden variar de forma significativa segundo o xénero literario que se trate. O teatro da Restauración, sen ir máis lonxe, conserva unha influencia dominante ata o 1700, mentres que a poesía declina a partir do1666, soa publicación do poema Annus Mirabilis de John Dryden. A crise da prosa prodúcese a partir do 1688, despois das tensións creadas pola Revolución Gloriosa (1688) e debido ó aumento da importancia do mundo do periodismo. De maneira máis xeral, o termo “restauración” emprégase para designar a literatura escrita durante o reinado de Carlos II.
A Restauración moderou os estridentes escritossectarios, aínda que persistiu o radicalismo. Autores puritanos como John Milton, víronse baixo a obriga de abandonar a vida pública e aqueles autores que participaran dun modo directo durante o reinado de Carlos I foron parcialmente censurados. Os escritos violentos foron condenados á clandestinidade e algúns autores tiveron que atenuar as súas posicións políticas nas súas obras.
4. Xéneroliterario ao que pertence: características xerais dese xénero

Xénero literario: Epopea
Características xerais: Composta en hexámetros dactílicos, sen agrupación estrófica, de extensión ampola. Nas etapas de oralidade, é recitada con elementos rítmicos auxiliares, sen acompañamento melódico. Adoita ser executada en banquetes nas cortes dos aristócratas ou en festivais públicos.A temática pode sermitolóxica ou histórica. Os personaxes son nobres con capacidade de liderado. A súa estrutura pode ser unitaria ou episódica.

5. Extensión e forma métrica (v.g. nº de versos e / ou nº de libros; esquema métrico utilizado)

O poema está composto de 10,565 versos e dividido en doce libros (na segunda edición, xa que na primeira só se publicarán dez libros). Dichos versos foron escritos senrima algunha.

6. Breve síntese do/s tema/s e argumento

O poema trata da guerra entre os anxos rebeldes caídos do ceo contra aqueles anxos que querían levar a cabo a vontade de Deus, así como da caída do home. Trata de explicar a orixe do mal no mundo partindo do libro do Génesis, da división gloriosa e particular da creación.
No libro I, relátase a expulsión dos anxos rebeldes e a súa caídano abismo (chaos).
Nos libros V-VIII, Rafael aparéceselles a Adán e Eva co fin de alertarlles das intencións de Satán, nárrase a creación do mundo e do home, a configuración do universo e os primeiros recordos de Adán.
Os libros II-V teñen dous planos: o sobrenatural (deliberación dos demos, planes para tentar ó home, viaxe dende o chaos ó Edén, intersección do fillo ante o Deus pai a favor...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • Paradise lost
  • Paradise lost
  • john milton
  • Paradise Lost. Actores Sociales.
  • Paradise lost
  • John milton
  • Paradise Lost
  • Divina Comedia Y Paradise Lost

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS