Partido Final

Páginas: 8 (1862 palabras) Publicado: 6 de octubre de 2015


Índice:
Introdución: 2
Historia do partido: 3
Organización: 5
Ideoloxía educativa: 6
Conclusións: 7
Webgrafía: 8


Introdución:

Esquerra Republicana naceu como un partido federalista, pero a pesar disto, actualmente aspira á independencia de Cataluña. Declarase un partido de esquerdas, pero coa súa renovación directiva, a corrente máis esquerdista do partido quedou supeditada a un carácterbasicamente nacionalista, provocando un repentino xiro cara ao centro no espectro político.

O partido declara que entenden que os dereitos individuais non son completos se os dereitos colectivos non son recoñecidos e respectados, por este motivo defenden os dereitos nacionais como unha condición imprescindible para acadar a liberdade e o progreso social. Defenden o dereito á autodeterminacióndunha forma pacífica e democrática, e fixan como  principal obxectivo do partido a independencia de Cataluña.



















Historia do partido:

O Renacemento cultural e literaria de principios do século XIX, xunto con movementos como o Rissorgimento italiano, o nacemento da Grecia moderna e a independencia de Bélxica, crean o proceso do espertar do pensamento nacional que, politicamente,desemboca no Congreso dos republicáns federais em 1883 e coa redacción das Bases Manresa en 1892 (primeiros movementos políticos con postulados nacionais). A confluencia destas dúas realidades sociopolíticas levan no primeiro tercio do século XX, e máis concretamente no ano 1931, á creación de Esquerra Republicana de Cataluña (ERC).

Esquerra Republicana é unha fusión de varias organizacións deesquerdas, que se dan conta da necesidade de crear un  fronte común ante un Estado español, naquel momento, retrógado, conservador, aferrado ós vellos costumes decimonónicos, incapaz de responder ante as novas necesidades e problemáticas de unha gran parte dos habitantes do país. O fundador deste partido foi Francesc Maciá, coronel do Exército español de convicións monárquico-liberais que, pouco a poucoradicalizou o seu nacionalismo, chegando incluso a vincularse co fascismo italiano, e fundando nun primeiro momento o partido coñecido como Estat Català. En 1926, Maciá intentou invadir Cataluña desde Francia cun grupo de anarquistas que, evidentemente, fracasou. En 1931  Estat Català uniríase ao Partido Republicano Catalanista, xunto cuns periodistas de L’Opinió, para fundar ERC, que presidiráMacià.
Durante a II República gañou as eleccións en Cataluña (1931, 1933 e 1936) sendo a forza máis votada en tódalas eleccións. Poucos meses trala fundación do partido, chega por primeira vez ao poder, e proclama o 14 de abril de 1931 a República Catalana que, tras negociacións co novo Goberno republican, pasa a coñecerse como Generalitat de Catalunya. En 1933, morre Macià e o sucede LluísCompayns, tamén de ERC, frente ao goberno. Será Compayns quen proclame en 1934 o Estado Catalán. A insurrección fracasa, o Goberno de Cataluña é suspendido e os seus membros encarcerados. Esquerra Republicana non será restaurada ata 1936, cando gaña as eleccións coa coalición unitaria “Front d’Esquerres”, da que era líder.

Unha cuarta parte dos militantes de Esquerra Republicana morren no fronte durantea guerra civil, ou son executados ou encarcerados trala vitoria do xeneral Franco. A metade do partido vese obrigada a exiliarse. Compayns, exiliado en Francia, é entregado pola Gestapo ao goberno español e fusilado polos fascistas no ano 1940. Josep Irla o sucede como presidente no exilio ata 1945 cando, durante o Congreso Nacional de Esquerra, é elexido Josep Tarradellas como novo líder.

Apartir de 1939, Esquerra pasa a ser unha forza antifranquista. Non é ata o 11 de setembro de 1964, Día Nacional de Cataluña, cando se leva a cabo a primeira manifestación antifranquista, liderada por Esquerra entre outros grupos.

En 1977, en plena transición democrática, volve do exilio Josep Tarradellas, restaurándose o goberno de Cataluña. En 1980 celébranse as primeiras eleccións ao Parlamento...
Leer documento completo

Regístrate para leer el documento completo.

Estos documentos también te pueden resultar útiles

  • HABITO 1 PARTE FINAL
  • partes finales de la investigación documental
  • PRACTICA FINAL PARTE 3
  • Partes Del Proyecto Final Alumno
  • Libreto bodas de sangre parte final
  • Parte 1 Trabajo Final De Etica
  • trabajo logistica primera parte final
  • Parte 3 presentacio n final

Conviértase en miembro formal de Buenas Tareas

INSCRÍBETE - ES GRATIS