PAU 2014 Lingua Galega
PAU
XUÑO 2014
LINGUA GALEGA E LITERATURA
OPCIÓN A
2
4
6
8
10
12
14
16
18
Ás veces me pregunto por que eu non son
Como as demais mulleres: amar sen desacougo
Poñer en paz o corazón e a mente
Agardar con paciencia que baixen as augas
Nas crecidas do río
Resignarse á evidencia aceptar os desaires
E rezar en silencio ou chorar entrementres
As bágoas máis amargas enriba da almofada
Sempreocultando a ira. Sempre con mansedume
Cun sorriso nos labios. Non. Eu non son daquelas
Que cantan ás flores e ás pombas xa o sei
A min mátame a sede. A min fáltame o aire
Levo un cravo moi fondo de amor e de paixón
Nin o podo arrincar que arrincaría a alma
Prendería o lume que me queima por dentro
Eu non son daquelas que cantan ás flores e ás pombas
Das que se resignan ante o desamor
E rezan econsomen bágoas sobre da almofada
Non! Eu son Medea!
Luz Pozo Garza, Medea en Corinto, 2002
1. Fai un breve resumo do contido do texto. Non repitas as palabras da autora. [1 punto]
2. Comenta brevemente o sentido que teñen no texto as seguintes afirmacións da poeta: [1 punto]
a) Agardar con paciencia que baixen as augas nas crecidas do río (versos 4-5)
b) Eu non son daquelas que cantan ás flores eás pombas (versos 10-11, 16)
3. Como cres que adoitamos encarar os problemas da vida cotiá: con resignación ou con rebeldía? Como
cres que deberiamos encaralos? Redacta un texto expoñendo, de maneira argumentada, a túa opinión.
(Extensión aprox. 200-250 palabras). [3 puntos]
4. O texto é un poema con múltiples licencias no uso dos signos de puntuación (por ausencia) e das
maiúsculas; tamén non estádividido en parágrafos. Escribe de novo o texto como se fose en prosa,
manténdoo todo igual salvo a puntuación: introduce os signos de puntuación que consideres oportunos
para que o texto en prosa resultante estea ben construído. [1 punto]
5. Analiza cada unha das cinco formas que subliñadas no texto, identificando o tipo de oración que cada
unha delas introduce. [1 punto]
6. Responde unha destasdúas preguntas. (Escolle só unha; extensión aprox. 200-250 palabras) [1 punto]
a) Historia da normativización: a construción da variedade estándar. Interferencias e desviacións
da norma.
b) O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais. Contexto histórico e
situación sociolingüística.
7. Responde unha destas dúas preguntas. (Escolle só unha; extensión aprox. 400 palabras) [2puntos]
a) A poesía entre 1936 e 1976: a Xeración do 36, a Promoción de Enlace, a Xeración das Festas
Minervais.
b) A prosa de fins do XX e comezos do XXI. Temas e autores dos 80 e dos 90. Prosistas e
tendencias actuais máis relevantes.
PAU
Código: 02
XUÑO 2014
LINGUA GALEGA E LITERATURA
OPCIÓN B
2
4
6
8
10
12
14
16
18
Ata hai ben poucos anos, as galegas e os galegos eramos bos coñecedores domedio que nos rodeaba.
Cada recuncho tiña o seu nome, boa parte das especies animais e vexetais tiñan o seu uso e requirían a súa
técnica de pesca ou de caza, de cultivo ou recolección, de conservación e elaboración. A necesidade de
coñecemento do medio, da natureza e das súas posibilidades era vital. A transmisión de xeración en
xeración foi seleccionando as mellores plantas para facer cestos,para tinguir, con propiedades medicinais
ou culinarias.
Este „sistema tradicional de coñecemento‟ desapareceu por diversos motivos. Fundamentalmente
porque son saberes que parece que non se precisan nunha sociedade moderna e globalizada onde as mazás
veñen de Chile, os espárragos da China e as empanadas agardan conxeladas no frigorífico. Pero tamén
porque xa non existen os espazos para que seproduza esta transmisión. A televisión co seu „ruído e
resplandor‟ apenas deixa lugar para a conversa, e moito menos para os contos dos maiores. Desfasados e
perdidos na modernidade, os contos dos vellos non son estimulantes para a mocidade. Os vellos non cren
que a súa sabedoría sexa interesante para os netos e estes pensan que pouco poden aprender de persoas
que non saben manexar o MP3 ou a...
Regístrate para leer el documento completo.