Pautas Para Hacer Un Comentario Crítico
Previamente a calquera actividade analítica: lectura atenta + subliñado.
1. Síntese.
1.1. Tema (ou idea fundamental). Exponse nunha oración non longa (sobre unha liña
ou liña e media) e debe recoller a idea que integra e dá coherencia a toda a información.
1.2. Esquema de ideas. Enumeración das ideas e conexión xerárquicaentre elas. Cada
idea principal encabeza un apartado, que se completa coas secundarias relacionadas (pode
haber unha ou varias de cada, depende da estrutura do texto). Son útiles as chaves ou as
cifras ou calquera fórmula que permita distribuír espacialmente as ideas e favorecer a percepción
visual da organización do contido do texto. Para os textos expositivo-argumentativos, pode
axudarsaber cales son as estruturas máis comúns: analizante ou inductiva (tese+argumentos),
sintetizante ou deductiva (argumentos+tese), encadrada (tese+argumentos+tese), paralela
(varias teses relacionadas entre si pero sen xerarquización), interrogante (preguntas e
respostas), etc.
1.3. Resumo. Resumir é construír cunha linguaxe propia un parágrafo de extensión
considerabelmente inferior á do texto(para os do exame, sobre 4-5 liñas) no que se recolle
a información fundamental, sen detalles nin exemplos nin anécdotas. No caso dos textos
argumentativos, débese desvelar a tese e, brevemente, a liña argumental que conduce ata ela.
A posibilidade de resumo descansa no suposto de que os textos teñen unidade e coherencia e
o seu valor principal é a economía, a capacidade de recoller moitainformación con precisión e
claridade, evitando redundancias e explicacións, así como referencias do tipo "o autor deste texto
afirma" ou "o texto que imos comentar defende". Non se debe facer tampouco: considerar
fundamental o periférico; repetir as ideas (aínda que o texto o faga); expor as ideas soltas;
incluír interpretación valorativa ou opinión; ou reproducir parte do texto.
2. Comentariocrítico.
Comentar consiste en proxectar a nosa personalidade sobre o texto tras unha lectura
perspicaz, percibindo intencións, proximidades, etc. Ou máis brevemente: explicar e enxuizar.
Sempre coa finalidade de demostrar unha boa capacidade crítica (madureza intelectual: emisión
de opinións fundamentadas) a través dunha coidada expresión lingûística (madureza expresiva:
corrección,fluidez...).
Debemos contextualizar e valorar criticamente as ideas a través de operacións como a
LOCALIZACIÓN (relacionámolas coa área ou áreas do saber a que corresponden ou cos
ámbitos de creación ou dedate nos que xorden, consideramos o tema en relación coas
preocupacións actuais e/ou comentamos a intencionalidade), a ACLARACIÓN ou EXPLICACIÓN
(desenvolver as ideas do texto, explicitalas parafacelas máis intelixíbeis, pero sen
transformalas), a RELACIÓN (conectar o que o texto di cos nosos coñecementos e experiencias
do tema para extraer da conexión novas ideas e argumentos), a APRECIACIÓN (valorar o grao
de validez dos argumentos do texto e opinar sobre o contido, relacionándoo coa nosa ideoloxía
e coa nosa postura persoal)... Para iso, pódense seguir -sen rixideces- estes pasos:i. Localización ou encadre.
Servirá de introdución e ocupará un breve parágrafo. Nel, se é posíbel, clasificarase o
texto segundo a forma de elocución (exposición, argumentación, descrición, narración ou
diálogo) e a súa natureza (xornalístico, literario, científico...). Tamén se intentará relacionar a
temática cunha determinada área do saber ou co ámbito de creación ou debate no que xorde.Nas PAAU soen poñer textos literarios (fragmentos de obras) ou xornalísticos (artigos).
ii. Aclaración ou explicación.
Convén logo aclarar a idea central e as consecuencias que dela se poidan derivar,
explicitar a intención que se persegue co texto e perfilar a ideoloxía subxacente ou manifesta.
Para isto, cumprirá botar man da asociación, é dicir, relacionar o contido do texto cos nosos...
Regístrate para leer el documento completo.